O é un dicionario de rimas chinés publicado en 1711. Contén alusións literarias e fórmulas poéticas, que se poden consultar por ton e por rima. O dicionario servía para axudar na composición de poesía.
Historia alt=Retrato do emperador Kangxi (1654-1722), quen ordenou a compilación do Peiwen yunfu (1711)|miniatura|Retrato do emperador Kangxi (1654-1722), quen ordenou a compilación do Peiwen yunfu (1711) Do mesmo xeito ca o Kangxi zidian 康熙字典 ("Dicionario Kangxi", 1716), o Peiwen yunfu foi compilado baixo o mecenado do emperador Kangxi, cuxa biblioteca recibía o nome de Peiwen (lit. "escrita estimada ou admirada"). Está inspirado en dicionarios previos, coma o Yunfu qunyu 韻府群玉 da dinastía Yuan ou o Wuche yunrui 五車韻瑞 da dinastía Ming. Uns vinte editores, entre os que se atopaban Zhang Yushu 張玉書 (1642-1711) e Chen Tingjing 陳廷敬 (1638-1712), comezaron a súa redacción no 1704, e remataron no 1711.
No 1716, o emperador ordenou a creación dun suplemento, o Yunfu shiyi 韻府拾遺, que se completou no 1720. Foi elaborado por Zhang Tingyu 張廷玉 (1642-1711).
Características O Peiwen yunfu é un dicionario voluminoso, con 444 fascículos ou juan 卷, que conteñen información sobre refráns ou frases de dous, tres ou catro sinogramas. Conta con 10.258 entradas, ordenadas baixo 106 grupos de rimas. As alusións e frases clásicas están clasificadas pola rima do seu último carácter, e van acompañadas de numerosas citas a modo de exemplo.
O seu suplemento, o Yunfu shiyi, engade outros 112 fascículos á obra orixinal. Cada entrada inclúe información omitida no Peiwen yunfu, así como explicacións adicionais.
A pesar de que o Peiwen yunfu ten menos sona que o célebre Kangxi zidian, é moi útil para pescudar usos literarios. Aínda na actualidade, pode empregarse para consultar nomes ou oracións en chinés clásico. Porén, non ofrece referencias precisas dos textos que cita, e contén erros de compilación.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Peiwen yunfu 佩文韻府 (Internet Archive) Kangxi zidian 康熙字典 (Chinese Text Project)
Categoría:Literatura da China Categoría:Literatura en lingua chinesa Categoría:Dicionarios Categoría:Literatura da dinastía Qing