Soiuz 20 foi unha misión espacial soviética lanzada sen tripulación o 17 de novembro de 1976 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz 20 foi unha Soiuz 7K-T lanzada a órbita sen tripulación para facer probas e para acoplarse automaticamente á estación espacial Saliut 4. A nave fixo diferentes probas dos seus sistemas baixo varias condicións de voo, permaneceu acoplada á Saliut 4 e levaba unha carga biolóxica que estivo á microgravedade nos tres meses que a Soiuz 20 estivo no espazo. Finalmente regresou o 16 de febreiro de 1976.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Soiuz U

Categoría:Programa Soiuz