Bács-Kiskun é un condado administrativo húngaro (megye) situado no sur de Hungría. Foi creado trala segunda guerra mundial, cando se uniron os condados de Bács-Bodrog e Pest-Pilis-Solt-Kiskun . O condado ten unha poboación de 547.000 habitantes e unha área de 8.445 km², Bács-Kiskun é o maior condado do país. A capital do condado e maior cidade é Kecskemét.

Localización O condado de Bács-Kiskun limita cos condados de Baranya, Tolna, e Fejér ao oeste, co condado de Pest ao norte e con Jász-Nagykun-Szolnok e Csongrád ao leste. Polo sur fai fronteira con Serbia.

Ríos Danubio Tisza

Lagos Lago Szelid Lago Vadkert

Estrutura rexional A capital e maior cidade do condado é Kecskemét, onde vive 1/6 da poboación total. O condado de Bács-Kiskun é o quinto maior condado húngaro no que se refire á poboación.

Cidade con dereitos de condado miniatura|dereita|400px|Fotografía aérea de Kecskemét - Hungría Kecskemét

Vilas principais (Ordenadas por poboación segundo o censo do 2001)

Baja (38.143)Kunszentmiklós (9.078)Kiskunfélegyháza (32.081)Soltvadkert (7.782)Kiskunhalas (29.688)Bácsalmás (7.694)Kalocsa (18.449)Solt (7.063)Kiskőrös (15.263)Szabadszállás (6.680)Kiskunmajsa (21.091)Izsák (6.187)Tiszakécske (11.878)Kerekegyháza (6.051)Lajosmizse (11.159)Tompa (4.899)Jánoshalma (9.866)Dunavecse (4.249)Kecel (9.259)

Ligazóns externas Sitio oficial en Inglés, Húngaro, Alemán, e Francés Información sobre o condado en Inglés, Húngaro e Alemán

Categoría:Condados de Hungría