Hibernia é unha personificación nacional de Irlanda que apareceu en debuxos, obras de arte e charge, especialmente no século XIX.

Representación e usos John Tenniel, ilustrador de Alicia no país das marabillas, realizou varias representacións de Hibernia. Era representada a miúdo como "irmá menor de Britannia" en publicacións como Punch, unha revista crítica co nacionalismo irlandés e descrita como unha rapaza atractiva e aparentemente vulnerábel, que, incapaz de defenderse por si mesma, frecuentemente recorre a Britannia para protexela. Por ese uso de parte dos unionistas, os nacionalistas irlandeses preferiron outras figuras como símbolos da nación irlandesa, tales como Ériu e Kathleen Ni Houlihan.

Aínda así, o termo "Hibernia" continuou a ser empregado en diversos contextos polos nacionalistas, incluíndo a Ancient Order of Hibernians. A representación de Hibernia evolucionou co tempo, e unha estatua que mostra a unha Hibernia máis confiada, equipada con arpa e lanza, destaca na posición central sobre a General Post Office en Dublín, simbolizando o espírito a fortaleza de Irlanda.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Illa de Irlanda Irlanda Irlanda do Norte Mitoloxía de Irlanda Éire Ériu Hibernia - nome latino da illa de Irlanda Britania - nome latino da illa de Gran Bretaña Britannia - personificación de Gran Bretaña Prosopopea Reino de Irlanda Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Reino Unido (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte, en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland) Illas Británicas Gran Bretaña Bretaña (rexión do Edo. francés) Bretaña (rexión histórica) Imperio Británico

Categoría:Deusas celtas Categoría:Deusas romanas Categoría:Símbolos de Irlanda Categoría:Personificacións nacionais