San Sidro Labrego, (en ; en ), nado en Madrid, c. 1082 e finado ibídem o 15 de maio de 1130, foi un labrego mozárabe coñecido pola súa piedade cara aos animais e os pobres. É o patrón católico dos labregos, e de Madrid; El Gobernador, Xalisco; La Ceiba, Honduras; e de Tocoa, Honduras. A súa festa celébrase o 15 de maio.
Traxectoria Estivo posiblemente ao servizo da familia Vargas e doutros tantos señores terratenentes como Francisco Vera. O seu traballo como xornaleiro máis mencionado polos biógrafos é a cargo de Juan de Vargas,Butler, Alban. The Lives or the Fathers, Martyrs and Other Principal Saints, Vol. V, D. & J. Sadlier, & Company, 1864 e realizouse principalmente na área de Madrid e arredores. Coñécense algúns detalles da súa vida polos encomios que indica un códice atopado na Igrexa de Santo André en 1504 (denominado como Códice de San Sidro e escrito a finais do século XII). Neste documento menciónase que estaba casado, que tiña un fillo e proporciona referencia de só cinco milagres, sendo os demais engadidos posteriormente procedentes da tradición oral durante o seu proceso de beatificación por varios hagiógrafos. A pesar de que aínda non estivese canonizado, os madrileños rendíanlle culto dende o século XII que foi medrando axiña en séculos posteriores. Por iso, as autoridades eclesiásticas, municipais, a aristocracia madrileña e a coroa real española encabezaron o seu proceso de canonización no século XVI.
Notas
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Finados en 1130 Categoría:Santos do catolicismo