BellónMaceiras é un dúo musical de Fene, fundado en 2005 e composto por Dani Bellón (gaita) e Diego Maceiras (acordeón).BellónMaceiras en MySpace Música.

Traxectoria Xurdiu na primavera de 2005 cando Daniel Bellón e Diego Maceiras decidiron unir a gaita e o acordeón, un dúo de instrumentos pouco explorado até aquel momento. O dúo gañou o VII Certame Folk de Radio Obradoiro que se celebrou no Teatro Principal de Santiago de Compostela e, xunto a Álex Blanco, foron os vencedores no Proxecto Runas do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira de 2006, o que lles deu a posibilidade de actuar no escenario principal o ano seguinte. Foron un dos grupos da delegación galega no Festival Intercéltico de Lorient de 2006. En decembro dese ano publicaron o seu primeiro disco co título Unión das Terras. Componse de pezas propias mesturadas cunha visión moi persoal de temas de diversas culturas adaptadas á gaita e ao acordeón. Realizaron numerosas actuacións como presentación do disco, tanto en Galicia como en España (Madrid, Barcelona, Málaga) e Europa (Andorra, Suíza), e incluso en Nova York.

En 2007 incorporaron tres novos membros, Juan "Cabe", Miguel Lamas e Juan Tinaquero, para formar BellónMaceiras Quinteto, grupo co que publicaron en 2010 o disco FolkFusión. No ano 2016 publicouse o segundo álbum do dúo BellónMaceiras, titulado Ten. Constou de 10 temas e contou con varias colaboracións, entre elas as da organista rusa María Moiséeva ou o violinista galés Oliver Wilson-Dickson.

Discografía

Unión das Terras (2007) Ten (2016)

Premios

1º Premio do VII Certame Folk de Radio Obradoiro (2006) Vencedores do Proxecto Runas do Festival do Mundo Celta de Ortigueira (2006)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do grupo.

Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos galegos de música tradicional