Io capitano é un filme italiano de 2023 dirixido por Matteo Garrone a partir dun guión escrito por Garrone con Massimo Gaudioso, Massimo Ceccherini e Andrea Tagliaferri. O filme, unha coprodución internacional entre Italia, Bélxica e Francia, baséase nunha idea orixinal de Garrone, inspirada en historias reais das rutas africanas dos migrantes a Europa. A rodaxe tivo lugar no Senegal, Marrocos e Italia.

Io capitano competiu polo León de Ouro na 80ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia, onde gañou o León de Prata pola dirección de Matteo Garrone e o premio Marcello Mastroianni pola interpretación de Seydou Sarr. Foi escollido como candidato de Italia para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, sendo nomeado xunto a outros catro filmes.

Personaxes Seydou Sarr como Seydou Moustapha Fall como Moussa Issaka Sawagodo como Martin Hichem Yacoubi como Ahmed Doodou Sagna como Charlatan Khady Sy como nai de Seydou Bamar Kane como Bouba Cheick Oumar Diaw como Sisko

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Italia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua wólof Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de Bélxica Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Matteo Garrone Categoría:Filmes rodados en Italia Categoría:Filmes rodados en Marrocos Categoría:Filmes rodados no Senegal