O Boston Fleet é un equipo feminino profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Lowell (Massachusetts, Estados Unidos), que compite na Professional Women's Hockey League (PWHL), sendo unha das seis franquía fundadoras da competición. O equipo fundouse o 29 de agosto de 2023 co nome PWHL Boston. Para a tempada 2026-27 o equipo estará dirixido polo adestrador canadense François Méthot. A franquía é propiedade do Mark Walter Group.
O Boston Fleet xoga os seus partidos como local no Agganis Arena, un pavillón inaugurado en 2005 e con capacidade para 6 150 persoas. Previamente xogou os como local no Tsongas Center de Lowell.
Na tempada inaugural da liga, o daquela denominado PWHL Boston clasificouse para as finais da Walter Cup logo de finalizar a liga regular na terceira posición e derrotar a Montreal (segundo clasificado) nas semifinais, mais non puido alzar a copa logo de caer fronte a Minnesota nas finais por 3-2. Con todo, tempada 2024-25 o equipo non conseguiu clasificarse ao conseguir os mesmos punhos que o terceiro e o cuarto clasificados pero gañando menos partidos que estes. Na tempada 2025-26 regresou ás series, mais non foi quen de superar a Ottawa nas semifinais.
Historia Fundación O 29 de agosto de 2023 anunciouse que unha das primeiras seis franquías da PWHL estaría localizada en Boston. O 1 de setembro a liga anunciou que Danielle Marmer, antiga cazatalentos e asistente de desenvolvemento de xogadores dos Boston Bruins da National Hockey League, sería a directora xeral do equipo. O 15 de setembro anunciouse que a adestradora asistente do equipo feminino da Universidade de Boston Courtney Birchard-Kessel sería a primeira adestradora do equipo.
Tempada inaugural O PWHL Boston debutou na liga xogando como local no Tsongas Center fronte a Minnesota o 3 de xaneiro de 2024, nun partido que se decidiu a favor das visitantes (3-2). Theresa Schafzahl marcou primeiro gol na historia do equipo de Massachusetts no minuto 7:59 do segundo terzo, cando o seu equipo perdía 0-2.
Identidade do equipo Coma o resto das franquías fundadoras da PWHL, Boston operou sen unha marca propia distintiva durante a tempada inaugural da liga. O equipo empregou un modelo de camisola similar ao empregada por todos os equipos e que amosaba o nome da cidade en diagonal na parte dianteira, e era coñecido como PWHL Boston. O equipo tiña a súa propia paleta de cores co verde e negro. En outubro de 2023 a liga rexistrou a marca rexistrada para o nome Boston Wicked, que resultou impopular entre a afección cando se filtrou. As cores e as camisolas do novo equipo reveláronse oficialmente o 14 de novembro de 2023, escolléndose as cores vede bosque, gris e branco.
Finalmente, a franquía de Boston foi nomeada finalmente Fleet cando a PWHL desvelou os nomes das franquías en setembro de 2024. O nome Fleet fai referencia á traidición marítima da cidade de Boston. The Hockey News informou de que outros nomes en disputa para Boston foran Emeralds (en referencia á influencia irlandesa na cidade) e Blitz. Ademais do nome, a liga revelou o logotipo do equipo, unha letra B estilizada como unha áncora; tamén se engadiu o amarelo á paleta de cores do equipo, e engadiu tonalidades adicionais de verde á paleta do equipo.
Pavillón
miniatura|Interior do Agganis Arena en 2006. O Boston Fleet xoga os seus partidos como local no Agganis Arena de Boston. Durante as primeiras tres primeiras tempadas da PWHL o equipo xogou os seus partidos como local no Tsongas Center de Lowell, un pavillón con capacidade para 6 003 persoas, o que o converte no pavillón máis pequeno da Professional Women's Hockey League. O pavilion completouse en 1998 e inaugurouse o 27 de xaneiro dese mesmo ano. Recibe o seu nome como homenaxe ao senador nado na cidade Paul Tsongas. O pavillón foi adquirido pola Universidade de Massachusetts Lowell (UMass) o 5 de febreiro de 2010 O 7 de xullo de 2026 anunciouse que para a tempada 2026-27 o equipo se trasladaría ao Agganis Arena, un pavillón da Universidade de Boston inaugurado en 2005 e con capacidade para 6 150 persoas.
O Agganis Arena acolle, ademais dos partidos como local do Boston Fleet, os partidos do equipo masculino de hóckey sobre xeo da Universidade de Boston, os Boston University Terriers (NCAA).
Datos de asistencia O PWHL Boston foi a segunda franquía menos exitosa da Professional Women's Hockey League en termos de asistencia na tempada inaugural da liga, cando os partidos do equipo rexistraron unha media de 3 770 persoas nas bancadas, superando tan só á franquía de Nova York, que tivo un pobre rexistro de 2 496 persoas de media.
Datos de asistencia ao Tsongas Center Ano Asistencia media 2023-24 3 770 2024-25 4 351 2025-26 5 991
Personalidades Xogadoras Capitás miniatura|250px|Hilary Knight foi a primeira capitá do Boton Fleet. O 2 de xaneiro de 2024 o antigo capitán dos Boston Bruins Patrice Bergeron presentou á lenda do hóckey sobre xeo feminino estadounidense e capitá da selección estadounidense Hilary Knight como primeira capitá da franquía de Boston. Xunto con Knight, Jamie Lee Rattray e Megan Keller foron nomeadas capitás asistentes. Logo da marcha de Knight ao Seattle Torrent o equipo nomeou a Megan Keller como nova capitá o 15 de novembro de 2025.
Capitás do Boston Fleet Nome(s) Período Hilary Knight 2023-25 Megan Keller 2025-
Eleccións na primeira rolda do draft
miniatura|250px|A suíza Alina Müller foi a primeira xogadora seleccionada pola franquía no draft. Dende a tempada inaugural da liga celébrase anualmente o draft, no que as franquías seleccionan seleccionan xogadoras das ligas universitarias ou estranxeiras. Nas edicións celebradas ata o momento o Boston Fleet nunca escolleu na primeira posición.
Eleccións na primeira rolda do draft Ano Nome da xogadora Posto Equipo (liga) Ref 2023 Alina Müller 3º Northeastern Huskies (Hockey East) 2024 Hannah Bilka 4º Ohio State University (WCHA) 2025 Haley Winn 2º Clarkson (ECAC) 2026 Grace Dwyer 10º Cornell (NCAA)
Adestradores miniatura|250px|Courtney Birchard-Kessel foi a adestradora do equipo nas dúas primeiras tempadas da PWHL. O 15 de setembro anunciouse que a adestradora asistente do equipo feminino da Universidade de Boston Courtney Birchard-Kessel sería a primeira adestradora do equipo. Na súa primeira tempada á fronte de Boston o equipo conseguiu chegar ás finais da Walter Cup, mais ao finalizar a súa segunda tempada decidiu deixar o equipo para dirixir o equipo feminino da Universidade de Princeton. O seu substituto Kris Sparre só pasaría unha tempada á fronte do equipo, na que foi finalista do premio ao adestrador do ano la liga logo de conseguir a maior mellora interanual dun equipo na historia da PWHL, xa que fichou polo equipo de expansión de Hamilton en maio de 2026. Logo da marcha de Sparre a Hamilton, o equipo fichou ao tamén canadense François Méthot.
Adestradores do Boston Fleet Nome(s) Período Courtney Birchard-Kessel 2023-25 Kris Sparre 2025-26 François Méthot 2026-
Directoras xerais Poucos días despois do anuncio da creación da franquía, o 1 de setembro a liga anunciou que Danielle Marmer. Antes da súa chegada ao equipo de Boston, Marmer fora cazatalentos e asistente de desenvolvemento de xogadores dos Boston Bruins da National Hockey League, sendo a primeira muller en ocupar un posto sobre o xeo na institución.
Directoras Xerais do Boston Fleet Nome(s) Período Danielle Marmer 2023-
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Boston Fleet