María Dolores «Lola» García García nada en Badalona en 1967, é unha xornalista e analista política española, directora adxunta do diario La Vanguardia.
Traxectoria Licenciada en xornalismo e en ciencias políticas, traballou en, primeiro na sección de «Cosas de la Vida» e posteriormente asumiu o cargo de redactora xefe de Política.
É directora adxunta de La Vanguardia, diario no que foi subdirectora, responsable das áreas de Política, Vivir e Deportes. Participou en debates de varios medios de comunicación, como L'Oracle de Catalunya Ràdio.
Testemuña en primeira liña do auxe do independentismo en Cataluña, en 2018 publicou El naufragio. La deconstrucción del sueño independentista unha crónica sobre o procés, a mobilización e a actuación política entre 2011 e 2017 (con prólogo de Enric Juliana). O 2022 publicou El muro. El poder del estado ante la crisis independentista (editorial Península) con prólogo de Pablo Simón.
En 2024 foi premio Puro Cora, pola "súa profesionalidade e a súa sensatez" ao opinar sobre o conflito catalán e sobre a vida pública española en xeral, sempre afastada de trincheiras.
Publicacións
Notas
Categoría:Nados en Badalona Categoría:Xornalistas de Cataluña Categoría:Escritores en lingua castelá