Juan Gómez-Jurado, nado en Madrid o 16 de decembro de 1977, é un novelista e presentador español. Formouse como xornalista. A súa primeira novela, Espía de Dios, supuxo un notable éxito, que foi seguido por Contrato con Dios e El emblema del traidor.

Traxectoria Foi abandonado ao nacer na maternidade da madrileña rúa de O'Donnell. Unha familia adoptouno. Tras concluír os seus estudos no colexio Los Olmos (Madrid), licenciouse en Ciencias da Información pola Universidade CEU San Pablo.

Autor de novelas publicadas, catro delas foron as máis vendidas en formato electrónico, segundo publicou Amazon: El emblema del traidor (2011), Cicatriz (2016), Reina roja (2018) e Loba negra (2019). Reina roja foi o libro máis lido en España durante dous anos consecutivos: 2020 e 2021.

Traballou como xornalista en diferentes mediosː Radio España, Canal+, Cadea COPE, Os 40 Principais, ABC, La Voz de Galicia, El Mundo e colaborou coas revistas Que Leer, Jot Down e New York Times Book Review.

Entre setembro de 2014 e xuño de 2018 realizou xunto a Raquel Martos a sección «Personas físicas» do programa de Onda Cero Julia en la onda.

É un dos compoñentes do pódcast cultural Todopoderosos do Espazo Telefónica desde os seus inicios en decembro de 2014 (xunto a Javier Cansado, Rodrigo Cortés e Arturo González-Campos), o podcast Aquí hay dragones (cos mesmos participantes) e os episodios de Los seriotes de AXN, para a cadea de televisión AXN e tamén en YouTube (con Arturo González-Campos). Tamén con González-Campos participou no programa Cinemascopazo, entre xuño de 2017 até setembro de 2018. Cada semana levaban a un invitado que lles axudaba a dar diferentes puntos de vista sobre unha película.

En 2021 presentou en TVE 2 a primeira tempada do programa de divulgación histórica El condensador de fluzo. Tamén en 2021 publicou xunto á súa muller, a psicóloga infantil Bárbara Montes, Amanda Black, unha nova serie de libros de misterio dirixidos a nenos maiores de nove anos, protagonizados por Amanda, unha nena que, pouco despois de cumprir trece anos, empeza a desenvolver poderes extraordinarios. En abril de 2021, Amazon Prime anuncia que asinou un contrato co escritor para desenvolver contido audiovisual en exclusiva para a plataforma.

Viviu en Madrid, Nova York e Santiago de Compostela..

Vida privada Gómez-Jurado está casado coa psicóloga e escritora Bárbara Montes. Ten dous fillos, nacidos en 2004 e 2007.

Obra A súa obra traduciuse a máis de corenta linguas.

Novela

Espía de Dios (2006). Roca Editorial. Contrato con Dios (2007). Planeta El emblema del traidor (2008). Plaza & Janés. La leyenda del ladrón (2012). Planeta. El paciente (2014). Planeta. Ediciones B: 2020. La historia secreta del señor White (2015). Planeta. Flash: 2021. Cicatriz (2015). Ediciones B. Triloxía Reina Roja: Reina Roja (2018). Ediciones B. Loba Negra (2019). Ediciones B. Rey Blanco (2020). Ediciones B. Triloxía Todo Arde: Todo Arde (2022). Ediciones B. Todo Vuelve (2023). Ediciones B.

Literatura infantil e xuvenil

El séptimo príncipe (2016). Ediciones B.

Serie Alex Colt

Cadete espacial (2016). Destino. La batalla de Ganímedes (2017). Destino El secreto del Zark (2018). Destino La materia oscura (2019). Destino El emperador de Antares (2020). Destino. El gran Zark. (2022). Destino

Serie Rexcatadores, Bárbara Montes e Juan Gómez-Jurado.

El misterio de Punta Escondida (2017). B de Blok. Las minas de la Perdición (2018). B de Blok. El palacio submarino (2019). B de Blok. El bosque oscuro (2019). B de Blok.

Serie Amanda Black, Bárbara Montes e Juan Gómez-Jurado.

Una herencia peligrosa (2021). B de Blok. El amuleto perdido (2021). B de Blok. El último minuto (2022). B de Blok. La Campana de Jade (2022). B de Blok. El tañido sepulcral (2022). B de Blok. La Maldición del Nilo (2022). B de Blok. El bastón del cuervo (2023). B de Blok. El reino perdido (2023). B de Blok. El camino del ninja (2023). B de Blok.

Audiolibro

La suelta (2022) Storytel.

Non ficción

La masacre de Virginia Tech: Anatomía de una mente torturada (2007). Ediciones La Plataforma

Premios

2008 - Premio de Novela Cidade de Torrevieja pola novela El emblema del traidor.

Notas

Categoría:Presentadores de Televisión Española Categoría:Nados en Madrid Categoría:Novelistas de España Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Xornalistas de España Categoría:Alumnos da Universidade San Pablo CEU Categoría:Nados en 1977