Tito, Margot y yo é un filme panameño-colombiano de 2022 dirixido por Mercedes Arias e Delfina Vidal, quen coescribiu con Joaneska Grössl. O filme investiga a vida amorosa entre Roberto 'Tito' Arias e Margot Fonteyn que viviron o seu amor entre o entretemento internacional e as conspiracións políticas.

Foi escollido como candidato de Panamá para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse A mellor bailarina do mundo do século XX viviu un matrimonio moi cuestionado cun político panameño. Unha sobriña da parella segue o rastro das últimas e máis próximas testemuñas desa relación entre Roberto 'Tito' Arias e Margot Fonteyn, para descubrir un amor vivido á vista do público como membros de entretemento internacional, un amor cheo de grises, conspiracións, aceptación e traxedia.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Panamá propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Panamá Categoría:Filmes de Colombia Categoría:Filmes rodados en Panamá Categoría:Filmes ambientados en Panamá