O Condado de Valga (en estoniano Valga maakond ou Valgamaa) é o nome dun dos quince condados nos que está dividida administrativamente Estonia. Está situado na parte meridional do país e limita co Condado de Põlva e o Condado de Võru ao leste, con Letonia ao sur e ao oeste, e co Condado de Viljandi e o Condado de Tartu ao norte. A súa capital é Valga).

Goberno rexional O goberno do condado (en estoniano Maakonnavalitsus) é dirixido por un gobernador ou maavanem, que é nomeado polo goberno de Estonia por un período de cinco anos.

Subdivisión administrativa O condado está dividido en 13 concellos: dous urbanos (en estoniano linn; unha terceira cidade, Otepää, é parte dun concellos rural) e 11 concellos rurais (en estoniano vald).

Concellos urbanos Tõrva Valga miniatura|dereita|500px|Concellos do condado de Valga

Concellos rurais Helme Hummuli Karula Otepää Palupera Puka Põdrala Sangaste Taheva Tõlliste Õru

Categoría:Condados de Estonia