Motståndaren (en ) é un filme sueco-noruegués de 2023 escrito e dirixido por Milad Alami.Guy Lodge, "‘Opponent’ Review: A Refugee Turns to Wrestling in a Sharp, Stressful Social Thriller". Variety, 11 de marzo de 2023. Está protagonizado por Payman Maadi como Iman, un home iraniano que viaxou a Suecia como refuxiado coa súa muller Maryam (Marall Nasiri) e as súas fillas Asal (Nicole Mehrbod) e Sahar (Diana Farzami). O resto do elenco está composto por Björn Elgerd, Amirali Abanzad, Ahmed Abdullahi, Robin Ahlqvist, Leyla Aksoy, Anton Andersson, William Arvidsson, Helya Beikzadeh, Anton Carlsson, Ardalan Esmaili, Diana Farzami, Sevin Fidan, Anton Jalneskog, Jonatan Jednell, Tobias Johansson, Arvin Kananian e Max Karlsson.

Foi escollido como candidato de Suecia para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Un loitador en Irán antes de verse obrigado a escapar do país, volve ao deporte coa esperanza de acelerar a súa solicitude de asilo probando para a selección sueca de loita libre. Porén, revélase que a verdadeira razón para abandonar Irán foi que un dos seus antigos compañeiros de equipo presentouno á comunidade como un home gai, o cal está penado coa pena de morte na República Islámica de Irán.David Rooney, "‘Opponent’ (‘Motstandaren’) Review: Payman Maadi Brings Searing Intensity to Character Study of an Iranian Refugee in Sweden". The Hollywood Reporter, 25 de febreiro de 2023.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Suecia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua sueca Categoría:Filmes en lingua persa Categoría:Filmes de Suecia Categoría:Filmes de Noruega Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Suecia Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Noruega Categoría:Filmes sobre refuxiados