Tro tàn rực rỡ é un filme vietnamita de 2022 dirixido e escrito por Bùi Thạc Chuyên. É unha adaptación de dúas historias curtas, Tro tàn rực rỡ e Củi mục trôi về, do escritor vietnamita Nguyễn Ngọc Tư. O filme está protagonizado por Lê Công Hoàng, Juliet Bảo Ngọc Doling, Phương Anh Đào, Ngô Quang Tuấn, Ngô Phạm Hạnh Thuý, Thạch Kim Long, Nguyễn Thị Ngọc Hiệp e Mai Thế Hiệp. Ambientada na aldea Thơm Rơm de Cà Mau, a historia xira en torno a tres mulleres, a súa viaxe de amor e os seus esforzos por manter aos seus homes. A imaxe do lume e das cinzas aparece por todas partes como unha metáfora da paixón e morriña destas mulleres.
Foi escollido como candidato de Vietnam para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Lê Công Hoàng como Duong Juliet Bảo Ngọc Doling como Hau Phương Anh Đào como Nhan Ngô Quang Tuấn como Tam Ngô Phạm Hạnh Thuý como Loan Nguyễn Thị Ngọc Hiệp como nai de Duong Mai Thế Hiệp como Monk
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Vietnam propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua vietnamita Categoría:Filmes de Vietnam Categoría:Filmes de Singapur Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes rodados en Vietnam Categoría:Filmes ambientados en Vietnam