é un filme xaponés de animación dirixido por Yoshihiro Ueda que se estreou en 1993. Décimo segundo filme baseado no manga e anime Dragon Ball creado por Akira Toriyama e oitavo da etapa Dragon Ball Z.
Sinopse A terra é invadida por Boujack e os seus secuaces. Todo comeza cun torneo de artes marciais, onde os discípulos do Señor Satán son substituídos polos secuaces de Boujack. Estes conseguen derrotar case sen problemas ós guerreiros Z, pero cando todo parece perdido Son Goku usa a transmisión instantánea para chegar dende o outro mundo e dicirlle a Son Gohanda que use o seu verdadeiro poder. Este, ó ver e escoitar o seu pai finado transfórmase en Super Saian dous (ou Super Saian ascendido), e neste estado elimina a Boujack e mailos seus secuaces cunha facilidade pasmosa e cunha violencia extrema, como xa fixera cos fillos de Célula.
Personaxes Son Goku Son Gohanda Piccoro Vexeta Toranks Krilín Señor Satán Yamcha Ten Shin Han Oolong Bulma Chichi Mestre Mutenroi Chaoz Kaiō do norte
Música Tema de apertura "CHA-LA HEAD-CHA-LA" por Hironobu Kageyama
Tema de peche por Hironobu Kageyama e Yuka
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de Dragon Ball Categoría:Filmes de 1993 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes de 1993 con versión en galego