Víctor Omgbá, nado en Nkongsamba en 1967, é un escritor e xornalista galego de orixe camerunesa.
Traxectoria Estudou dereito na Universidade de Yaoundé. En 1995 chegou a Europa e logo de pasar uns meses en Madrid estableceuse na cidade da Coruña. En 2001 publicou Calella sen saída, unha crónica novelada sobre a inmigración e parcialmente autobiográfica, ademais é a primeira obra publicada en galego por un autor afrogalego. En 2002 o seu libro traduciuse ao catalán. É presidente da ONG Equuos Zebra e colabora en La Voz de Galicia. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor na web de Editorial Galaxia.
Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Nados no Camerún Categoría:Nados en 1967