miniatura|dereita|Chile, unha das diversas colonias españolas en América do Sur, fixo unha declaración de independencia en 1818. A independencia é a condición dunha persoa, nación, país ou estado no cal os seus residentes e poboación, ou unha parte deles, exercen o autogoberno, e xeralmente a soberanía, sobre o territorio. O oposto á independencia é o status dun territorio dependente.
Concepto Como concepto político apareceu coa Declaración de Independencia dos Estados Unidos en 1776Arciniegas, Germán (1980). «El invento de la independencia», en América en Europa, Bogotá, Planeta, pp. 123-144 como resposta ó colonialismo europeo e estendeuse coas declaracións de independencia dos países latinoamericanos dependentes do Imperio español na Guerra de Independencia Hispanoamericana (1809-1824).
Outros conceptos Distínguese de autonomía, por ter esta segunda un atadallo subordinativo de carácter institucional a outro territorio ou goberno soberano, sen menosprezo de que o territorio autónomo poida desenvolver con liberdade as competencias que lle fosen asignadas. neocolonialismo: Situación que se dá cando non existe plena independencia dun país, senón que o mesmo está sometido aos ditados culturais, lingüísticos e especialmente, económicos, doutro. O neocolonialismo -situación en que se achan algúns dos estados do terceiro mundo- oponse ó antigo colonialismo en que xa non acontece a ocupación directa do territorio mediante o emprego da forza militar.
Continentes Exemplos: Iraq independizouse en 1932 (do Reino Unido); Taiwán independizouse o 15 de agosto de 1945 (do Xapón); Zimbabwe independizouse en 1980 (sendo sucesor do estado non recoñecido de Rodesia (1965-1979). Continente No. Último país en obter a independenciacenter|300px 54 (2011) 35 (1983) 44 (2002) 50 (2006) (2008) 14 (1994) N/A condominio internacional de facto
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Autodeterminación Autogoberno Colonialismo Neocolonialismo Soberanía