Francisco Aparicio Sánchez, nado en Yepes (provincia de Toledo) en 1936 e finado en Madrid o 11 de setembro de 20024, foi un escultor, medallista e deseñador de moedas español.

Traxectoria Francisco Aparicio realizou os seus estudos artísticos na Escola Superior de Belas Artes da Real Academia de San Fernando, en Madrid, de 1955 a 1960, e posteriormente, en 1981, acadou a licenciatura en Belas Artes,"Biografía". Aparicioescultor.com pola Universidade Complutense de Madrid.

O seu estudio artístico está instalado en Madrid.

Os traballos de Francisco Aparicio céntranse sinaladamente na medalla, a moeda e a escultura. As súas creacións expóñense en numerosos museos, como os de Valdepeñas, Málaga, Albacete, Toledo ou Cuenca, así como na Casa da Moeda de Estocolmo, entre outros, e forma parte de coleccións privadas tanto españolas como estranxeiras.

Entre os máis de vinte recoñecementos logrados ao longo da súa traxectoria, cómpre salientar principalmente o Premio Nacional de Escultura en 1961.

Obra miniatura|345x345px|Estatua a Frei Juan Gil, en Arévalo, Ávila.

Escultura Aparicio cultiva a escultura tanto para espazos públicos como en pequenos formatos."Esculturas". Aparicioescultor.com É un representante da escultura realista que se adscribe dentro do que se coñece como realismo máxico madrileño, xurdido a finais da década de 1970, onde o tema da figura humana resulta patente. A súa modelaxe achégao á estética dalgúns artistas da nova figuración italiana, como Marino Marini e Giacomo Manzù.Clemente López, P. (2011). "¿Sabes quién soy? Francisco Aparicio Sánchez. Un escultor del realismo español contemporáneo". En La Tribuna de Albacete. 23 de setembro de 2011. Páxina 19.

miniatura|265x265px|Estatua a Isabel a Católica en Arévalo, Ávila.

Esta é unha escolma dalgunhas das súas esculturas públicas : Estatuas nos apartahoteis Meliá en Alacante e en Bajondillo, Málaga. Estatua na biblioteca da Universidade de Málaga. Fonte na praza Ochavada, en Archidona, Málaga. Monumento a Don Bosco, Béjar, Salamanca. Homenaxe ás vítimas do terrorismo, Xetafe, Madrid. Monumento a Isabel a Católica, Arévalo, Ávila. Monumento a Frei Juan Gil, Arévalo, Ávila. Muller Bargueña, Bargas, Toledo. Toureiro Marcos de Celis, Palencia. Monumento a San Román, Toledo.

Medalla e moeda = A maioría das medallas creadas por Aparicio son de formato menor, cun diámetro de entre 18 e 20 centímetros, e nelas engade como marca de gravador o seu apelido: APARICIO. Algunhas delas están dedicadas a figuras sobranceiras como Gerardo Diego ou María Zambrano."Medallas". Aparicioescultor.com Por este labor, mereceu varios recoñecementos, entre os que destacan o primeiro Premio Tomás Francisco Prieto, concedido pola Fabrica Nacional de Moeda e Timbre, en 1977, e o primeiro Premio de Medalla no I Centenario do Círculo de Belas Artes de Madrid, en 1979.​

No ámbito da moeda, en 1991 encargouse do deseño dunha serie numismática de curso legal para a República de San Marino, xunto coa deseñadora italiana Uliana Pernazza, composta por dez moedas, con valores faciais desde unha lira sanmarinesa ata 1.000 liras, e está cuñada polo Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato, de Roma. Nos reversos destas moedas aparece, a modo de marca de gravador, a inscrición APARICIO PERNAZZA INC."Francisco Aparicio". Numista.com

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Leyva, A. (2018). Francisco Aparicio. La realidad creada. Pro Amici Orfila Galeriae.

Categoría:Nados na provincia de Toledo Categoría:Nados en 1936 Categoría:Deseñadores de moeda de España Categoría:Gravadores de España Categoría:Escultores de España Categoría:Medallas Categoría:Real Academia de Belas Artes de San Fernando Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Premio Tomás Francisco Prieto Categoría:Personalidades sen imaxes