miniatura|Cheminea da central das Pontes. Comparación coa Torre Eiffel de París. A central térmica das Pontes é unha central térmica de carbón situada no concello das Pontes de García Rodríguez, pertencente á empresa eléctrica Endesa. Construíuse e púxose en funcionamento entre os anos 1972 e 1976. Consta de catro grupos de xeración de enerxía de 350 MW cada un, os cales se agruparon nun só grupo de 1400 MW entre os anos 1976 e 1979.

Orixinalmente deseñada para consumir exclusivamente o lignito local extraído da mina, a central foi adaptada entre os anos 1993 e 1996 para consumir unha mestura de lignito e carbón de importación en proporcións do 50%-50%.

O parque de carbóns da central ocupa unha superficie de 10 Ha, o equivalente a 12 campos de fútbol. A súa capacidade de almacenamento é de 250.000 toneladas.

A cheminea da central ten unha altura de 356 m, cun diámetro na base de 36 m e 18 m no pico, sendo unha infraestrutura única no mundo. Aparece no Libro Guinness dos Récords como a cheminea de maior volume de todo o mundo, e é a segunda cheminea máis alta de Europa.

A planta de tratamento de efluentes líquidos (Planta T.E.L.) depura a auga procedente da mina, do vertedoiro, da central e do parque de carbóns. A planta está deseñada para tratar caudais de auga que poden oscilar entre 0,45 e 30 m3/s.

Actualmente a central está sufrindo un proceso de adaptación ó maior poder calorífico da hulla debido á fin da extracción do lignito na mina local. Atópase en fase de probas outra central térmica de ciclo combinado que usa o gas coma combustible e produce de 800 MW de potencia entre as súas tres turbinas: dúas de gas e unha de vapor. O vapor que utiliza esta última prodúcese aproveitando a calor dos gases de escape das turbinas de gas.

Datos técnicos Xerador de vapor miniatura|Torre de refrixeración da central. Fabricante: Foster Wheeler Corporation Circulación natural, tipo torre Combustión tanxencial Produción de vapor: 1.091 TM/h Presión do calderín: 183 kg/cm² Temperatura vapor sobrequentado: 540 °C Presión vapor requentado: 40,5 kg/cm² Temperatura vapor requentado: 540 °C

Turbina Fabricante: Mitsubishi Heavy Industries Potencia: 350 MW Velocidade: 3000 r.p.m. Presión vapor sobrequentado: 169 kg/cm² Presión de escape: 0,069 kg/cm² Temperatura vapor sobrequentado: 538 °C Temperatura vapor requentado: 538 °C

Alternador Fabricante: Westinghouse Potencia nominal: 369 MVA Potencia activa nominal: 350 MW Intensidade nominal: 11.836 A Tensión nominal: 18 kV Factor de potencia: 0,95 Refrixerado por hidróxeno: 4,22 kg/cm² Excitatriz: tipo brushless

Galería de imaxes

Categoría:As Pontes de García Rodríguez Categoría:Enerxía Categoría:Economía de Galicia Categoría:Centrais térmicas