Elle-Máijá Apiniskim Tailfeathers, nada en Cardston en 1986, é unha cinesta, actriz e produtora pés negros da Nación Kainai e saami. Gañou numerosos premios polas súas obras, incluíndo varios Canadian Screen Awards. Tailfeathers comezou a actuar a finais da década de 2000 antes de emprender a súa carreira como cineasta.
Por dirixir The Body Remembers When the World Broke Open, conseguiu un Canadian Screen Award á mellor directora xunto con Kathleen Hepburn. En 2020 gañou o Premio Rogers Best Canadian Film da Asociación de Críticos de Cinema de Toronto, o máis prestixioso premio cinematográfico do Canadá.
Traxectoria Tailfeathers estudou intepretación na Escola de Cinema de Vancouverl, e graduouse en 2006. Despois estudou na Universidade da Columbia Británica onde se graduou cunha licenciatura en estudos das Primeiras Nacións e un grao en estudos sobre mulleres e xénero en 2011.
Despois de actuar durante un período de tempo, Tailfeathers cambiou o seu foco cara ao cinema e comezou a traballar como guionista, directora e produtora. Durante o seu tempo na Universidade da Columbia Británica comezou a utilizar equipos de cinema e software de edición.
Filmografía AnoTítuloPapelLocalizaciónXénero2008Another Cinderella StoryActrizCanadáMusical comedy2011BloodlandGuionista, directora, produtoraCanadáExperimental2012A Red Girl's ReasoningGuionista, directoraCanadáDrama2012Colonial Gaze Sámi Artists’ CollectiveGuionista, directoraNoruegaMockumental2013Hurry Up, You Stupid CrippleProdutora, directoraCanadáDocumental2014Rebel (Bihttoš)Guionista, directora e produtoraCanadá/NoruegaDocumental2016UnclaimedActrizCanadáDrama 2017 cəsnaʔəm, the city before the city Directora Canadá Documental 2019 Blood Quantum Actriz Canadá Terror 2019 The Body Remembers When the World Broke Open Actriz, directora Canadá Drama2021Night RaidersActrizCanadá/Nova ZelandiaCiencia ficción2021Kímmapiiyipitssini: The Meaning of EmpathyDirectoraCanadáDocumental2022StellarActrizCanadáDrama2022Three PinesActrizCanadáDrama
Notas
Categoría:Nados en 1986 Categoría:Alumnos da Universidade da Columbia Británica Categoría:Directores de cinema do Canadá Categoría:Pobo pés negros Categoría:Pobo saami