Gilla Band (anteriormente Girl Band) é unha banda irlandesa de post-punk e noise rock procedente de Dublín. Foi fundada en 2011 e está composta polo vocalista Dara Kiely, o guitarrista Alan Duggan, o baixista Daniel Fox, e o batería Adam Faulkner.
O seu primeiro lanzamento foi o sinxelo de 2012 "In My Head", seguido polo tema "You're a Dog", que fixo que gañansen seguidores tanto en Irlanda como no Reino Unido e un contrato discográfico con Rough Trade en 2015. Ese ano The Irish Times describiunos como "o artista máis fascinante destes lugares na actualidade... [que fai] ruído emocionante, ameazante e excitante".
Ata a data a banda lanzou unha serie de sinxelos e EPs, o aclamado álbum Holding Hands with Jamie (2015), e despois dun oco en 2016-2017 debido a problemas de saúde, editou o influenciado polo techno e o glam The Talkies (2019), e Most Normal (2022).
Historia
Primeiros anos A banda foi formada como Girl Band en Dublín en xullo de 2011 polo vocalista Dara Kiely, o guitarrista Alan Duggan, o baixista Daniel Fox e o batería Adam Faulkner. Duggan, Kiely e Fox tocaran na banda de indie rock Harrows. Harrows formárase cando os membros estaban na secundaria aos 16 anos e foi descrita por Kiely e Fox como "unha versión de merda dos Strokes". Non ficharon cun selo discográfico mentres estiveron activos e cargaron as poucas cancións que gravaron a YouTube e Myspace. Kiely tocaba a batería en Harrows e non foi ata despois de que Harrows se disolvese cando comezou a cantar.
En abril de 2012 Gilla Band publicou o seu sinxelo de estrea, "In My Head", a través do selo Any Other City Records, e autofinanciaron un videoclip para o tema "Leave Again". Tras o sinxelo lanzaron o EP autoproducido France 98, que foi gravado ao vivo e editado a través de Any Other City. Despois gravaron unha versión de "Why They Hide Their Bodies Under My Garage?" do artista techno Blawan, o que aumentou a súa reputación e ampliou a súa base de fans, preparándoos para un feixe de datas de xira no Reino Unido durante abril de 2013.
Rough Trade Girl Band publicou varios sinxelos de 7" limitados durante 2014 a través de Any Other City, e no mes de decembro fichou por Rough Trade Records. O contrato discográfico chegou despois de que o fundador do selo, Geoff Travis, os vise actuar numerosas veces e quixese "facilitar que [o que a banda era] se fixese a maior escala". En Rough Trade déronlles o control creativo total e permitíronlles producir os seus propios discos. Lanzaron o seu álbum debut autoproducido Holding Hands With Jamie a través da discográfica en setembro de 2015.
The Talkies En xuño de 2019 Girl Band publicou "Shoulderblades", o seu primeiro sinxelo en catro anos. Un segundo sinxelo titulado "Going Norway" seguiu en agosto dese ano. Estes foron os sinxelos do segundo álbum da banda, The Talkies, que foi lanzado por Rough Trade o 27 de setembro. O son repetitivo e experimental do álbum caracterízase polo seu uso pouco ortodoxo de guitarras cargadas de efectos, letras abstractas e préstamos estilísticos da música techno e industrial. Os críticos describiron o álbum como noise rock e post-punk, e moitos loubaron o seu ton escuro e inquietante.
Cambio de nome En novembro de 2021 a banda anunciou que cambiarían o seu nome de Girl Band a Gilla Band. O grupo declarou que cambiaron o seu nome porque era un "nome de xénero erróneo" e que o seu nome anterior podería estar "propagando unha cultura de non inclusión".
En xullo de 2022 a banda anunciou o seu terceiro álbum de estudio, titulado Most Normal, coincidindo coa publicación do seu primeiro sinxelo, “Eight Fivers", e o seu video correspondente. O disco sería editado novamente a través de Rough Trade o 7 de outubro dese mesmo ano.
En xullo de 2026, a banad publicou "Placeholder" como sinxelo do seu cuarto álbum de estudio, Pugnello, que foi lanzado o 25 de setembro dese mesmo ano.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Holding Hands with Jamie 2015 Rough Trade Records The Talkies 2019 Rough Trade Records Most Normal 2022 Rough Trade Records Pugnello 2026 Rough Trade Records
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Dublín Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais formados en 2011