As linguas pidjanas son un subgrupo das linguas arauacas do norte de América do Sur.

Nomes O termo pidjana foi acuñado por Sérgio Meira (2019) a partir do termo wapishana pidan ‘pobo’, como se pode ver nos etnónimos Wa-pishana e Mao-pidian.Meira, Sérgio. 2019. A Study of the Genetic Relation between Mawayana and Wapishana (Arawakan Family) . Revista Brasileira de Línguas Indígenas (RBLI), vol. 2, no. 1 (xaneiro-xuño de 2019), pp. 70-104.

Denomínanse como mapidiánicas en Glottolog 4.3, e como río Branco por Nikulin & Carvalho (2019: 270).Nikulin, Andrey; Fernando O. de Carvalho. 2019. Estudos diacrônicos de línguas indígenas brasileiras: um panorama . Macabéa – Revista Eletrônica do Netlli, v. 8, n. 2 (2019), p. 255-305. (PDF )

Linguas De acordo con Meira (2019), as linguas pidjanas son:

Pidjanas Mawayana (mapidiana, maopidiana), falada por unha ducia de anciáns que viven nas vilas das etnias waiwai e tiriyó no Brasil, Güiana e Suriname. Wapishana, falada por máis de 6.000 persoas a ambos os dous lados da fronteira entre Güiana e o Brasil. ? Atorada (Atorai).

O wapishana é máis conservadora, mentres que o mawayana innovou máis dende o protopidjano.

A clasificación de Ramirez (2020) é:

Pidjanas Mawayana Wapishanas Wapishana Atorada Parawana Aroaqui

As linguas parawana e aroaqui están estreitamente relacionadas, e poden ser a mesma lingua.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Melville, C.; Tracy, F. V.; Williams, O. Wapishana. Intercontinental Dictionary Series. 2007. Consultado o 30 de outubro de 2007. SB (Surinaams Bijbelgenootschap / Suriname Bible Society). Kaimana’o Tominkaru Paradan (The New Testament). Paramaribo, Georgetown: Suriname Bible Society and Guyana Bible Society, 2012.

Categoría:Linguas arauacas