Germán López Quiroga, nado en Escairón o 20 de marzo de 1927, é un ferroviario e escritor galego.
Traxectoria Entrou na RENFE en 1947 en Monforte de Lemos opositando a factor e xubilouse como xefe de estación en 1991.
Participou e foi relacións públicas da Coral Internacional de RENFE de Monforte e da Coral Polifónica do Concello de Monforte. Cantou na Rondalla de José Pallares e na Rondalla Benfeita. Pertenceu a Poetas do Sur Lucense e Amencer Quirogués.
Publicou artigos en La Voz de Galicia, El Progreso (sobre todo no Suplemento Semanal Ribeira Sacra, máis de 300) e Faro de Vigo e na Web do Museo do Ferrocarril de Galicia, en Amargama e en Candea, dedicada ao Courel.
Participou en programas da TVG: Vivan as tardes, Sen código Postal, Vivir aquí ("Os raís da vida"), O tren que me leva a ti. E No tren da vida, da Canle Ribeira
Autor da letra da canción titulada "O viño da Ribeira Sacra" e da letra do himno do Arenas Club de Fútbol de Monforte de Lemos. Foi nomeado Presidente da Asociación Cultural de Poetas da Ribeira Sacra.
Obra
Historia de un paseo (2007). Recupera a historia de seu pai, militante de UGT, que sobreviviu a dous fusilamentos no tempo da Guerra Civil e escapou ferido desde Santiago ao Saviñao. Latexos da terra (2011). No que inclúe as creacións de vinte escritores do colectivo Poetas da Ribeira Sacra.
Ademais: Cousas en galego, Compendio autobiográfico, Nostalgia evolución y futuro del ferrocarril, Recordos e tradicións (Foi a miña cata na Ribeira Sacra' (Deputación de Lugo), Retazos de historia de Monforte de Lemos (Deputación de Lugo), Lembrando a Luis Moure Mariño (Imprenta Fénix).
Premios
2004: gañador do concurso Cartas de Amor celebrado nos concellos de Quiroga e Lugo co primeiro premio en ambos os dous. 2005: premio de poesía do Concello de Quiroga no Día das Letras Galegas, polo poema "A gaita rí, a gaita chora". 2006: premio de poesía de amor na categoría de adultos do Concello de Foz co poema "Declarando amar". 2007: noméano Poeta Oficial da Sociedade Cultural e Recreativa La Fraternal de Monforte de Lemos. 8-XII-2007: homenaxe do Grupo de Poetas da Ribeira Sacra. 2008: Premio de xornalismo Moncho do Pío. 2011: noméano Socio de honor do Museo do Ferrocarril de Galicia.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Germán López Quiroga: No tren da vida, Canle Ribeira Sacra, vídeo
Categoría:Nados no Saviñao Categoría:Nados en 1927 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Ferrocarril