Maria Agustina Ferreira Teixeira Bessa, máis coñecida como Agustina Bessa-Luís, nada en Vila Meâ (Amarante) o 15 de outubro de 1922 e finada en Porto o 3 de xuño de 2019, foi unha escritora portuguesa.
Está considerada unha das figuras máis importantes, e se cadra a máis orixinal, das letras portuguesas do século XX. En 2006 o Centro PEN Galicia outorgoulle o premio Rosalía de Castro.
Traxectoria A familia paterna procedía da zona de Amarante, a súa avoa materna era de Zamora e Agustina falaba español con soltura.
En 1932 a familia se trasladouse a Porto. Agustina casou en 1945 e foi vivir a Coímbra. Desde 1950 residiu en Porto co seu marido, con estadías breves fóra de Portugal.
Conta cunha ampla obra de máis de media centena de títulos en diversos xéneros, entre os que se inclúen a narrativa, o teatro e os libros infantís. Algunhas das súas obras foron traducidas para alemán, castelán, dinamarqués, francés, grego, italiano, e romanés.
Coa novela Mundo Fechado estreouse como novelista, mais foi A Sibila a que lle trouxo un enorme prestixio. A súa escrita opónse a qualquera tentativa de contextualización, en termos de correntes, na historia da literatura portuguesa. A escritora xurdiu no panorama literario portugués nun momento en que a oposición entre o neorrealismo e o modernismo do movemento da Presença atinxía o seu auxe. Dedicouse case inteiramente á literatura e, desde súa estrea en 1948, mantivo un ritmo de publicación moi alto.
Algúns dos seus libros teñen versión cinematográfica ao cargo de Manoel de Oliveira, como por exemplo Fanny Owen que deu en Francisca (1981). Foi escritora do guión da película Party (1996), do mesmo director.
Foi membro do Conselho Directivo da Comunitá Europea degli Scrittori, de Roma, en 1961 e 1962 e tamén membro da Académie Européenne des Sciences, des Arts et des Lettres, de París, da Academia Brasileira de Letras e da Academia das Ciências de Lisboa, onde foi nomeada sócia-emérita, en 2013. Colaborou en varias publicacións periódicas, foi directora do xornal O Primeiro de Janeiro (1986 e 1987). Dirixiu o Teatro Nacional de D. Maria II.
En 2005 participou no programa da RTP Ela por Ela, serie de 13 episodios sobre proverbios e aforismos, en conversa con Maria João Seixas, dirixido por Fernando Lopes.
En xullo de 2006, pouco despois de terminar A Ronda da Noite, deixou de escribir e retirouse da vida pública, `por motivos de saúde.
Á súa morte o goberno portugués decretou un día de loito nacional.
Obra
Narrativa
1948: Mundo Fechado (reeditado en 2004, con prólogo novo) 1950: Os Super-Homens 1951-1953: Contos Impopulares. En español: Cuentos impopulares, Madrid, Alianza, 1982. 1954: A Sibila. En español: La sibila, Madrid, Alfaguara, 2005. 1956: Os Incuráveis 1957: A Muralha 1958: O Susto 1960: Ternos Guerreiros 1961. O Manto 1962: O Sermão do Fogo. En español: Sermón de fuego, Madrid, Texto, 2007. 1964: As Relações Humanas: I - Os Quatro Rios 1965: As Relações Humanas: II - A Dança das Espadas 1966: As Relações Humanas: III - Canção Diante de uma Porta Fechada (reeditados xuntos en Século XXI) 1967: A Bíblia dos Pobres: I - Homens e Mulheres 1970: A Bíblia dos Pobres: II - As Categorias 1971: A Brusca (relatos) 1975: As Pessoas Felizes 1976: Crónica do Cruzado Osb 1977: As Fúrias 1979: Fanny Owen. En español: Fanny Owen, Barcelona, Crítica, 1988 1980: O Mosteiro 1983: Os Meninos de Ouro 1983: Adivinhas de Pedro e Inês 1984: Um Bicho da Terra (novela sobre Uriel da Costa) 1984: Um Presépio Aberto 1985: A Monja de Lisboa (novela sobre Maria da Visitação) 1987: A Corte do Norte (novela histórica) 1988: Prazer e Glória 1988: A Torre (relato) 1989: Eugénia e Silvina 1991: Vale Abraão 1992: Ordens Menores 1994: As Terras do Risco 1994: O Concerto dos Flamengos 1995: Aquário e Sagitário 1996: Memórias Laurentinas 1997: Um Cão que Sonha 1998: O Comum dos Mortais 1999: A Quinta Essência 1999: A Bela Adormecida (relato) 1999: Dominga (relato) 2001: O Princípio da Incerteza: I — Jóia de Família 2002: O Princípio da Incerteza: II — A Alma dos Ricos 2003: O Princípio da Incerteza: III — Os Espaços em Branco 2004: Antes do Degelo 2005: Doidos e Amantes 2006: A ronda da noite 2012: Cividade (relato de 1951) 2018: Deuses de Barro (novela de 1942)
Literatura infantil
1983: A Memória do Giz (ilustrado por Teresa Dias Coelho) 1987: Contos Amarantinos (ilustrado por Manuela Bacelar) 1987: Dentes de Rato (ilustrado por Martim Lapa). En español: Dientes de ratón, Madrid, Alfaguara, 1990. 1990: Vento, Areia e Amoras Bravas (ilustrado por Mónica Baldaque) 2004: O soldado romano (ilustracións de Chico) 2007: O Dourado (ilustrado por Helena Simas)
Teatro
1958: Inseparável ou o Amigo por Testamento 1961: As Etruscas 1986: A Bela Portuguesa 1992: Estados Eróticos Imediatos de Soren Kierkegaard 1996: Party: Garden-Party dos Açores, diálogos 1998: Garret: O Eremita do Chiado
Biografías
1979: Santo António 1979: A Vida e a Obra de Florbela Espanca 1979: Florbela Espanca 1981: Sebastião José 1982: Longos Dias Têm Cem Anos — Presença de Vieira da Silva 1986: Martha Telles: o Castelo Onde Irás e Não Voltarás
Crónicas, memorias, textos variados
1961: Embaixada a Calígula (relato de viaxe) 1979: Conversações com Dimitri e Outras Fantasias (ensaios) 1980: Arnaldo Gama. "Gente de Bem" 1981: A Mãe de um Rio (texto con fotografía) 1981: Dostovievski e a Peste emocional 1981: Camilo e as circunstâncias 1982: Antonio Cruz, o Pintor e a Cidade 1982: D.Sebastião: o Pícaro e o Heroíco 1982: O Artista e o Pensador como Minoria Social 1984: "Menina e Moça" e a teoria do inacabado 1986: Apocalipse de Albrecht Dürer (interpretación de Douro) 1987: Introdução à lieitura da Sibila 1988: Aforismos 1991: Breviário do Brasil (diario de viaxe) 1994: Camilo: Génio e Figura 1995: Um Outro Olhar sobre Portugal (relato de viaje), con fot. de Pierre Rossollini, e ilustracións de Maluda 1996: Alegria do Mundo I: escritos dos anos de 1965 a 1969 1997: Douro (texto e fotografía), coa súa filla Mónica Baldaque 1998: Alegria do Mundo II: escritos dos anos de 1970 a 1974 1998: Os Dezassete Brasões (texto e fotografía) 2000: O Presépio: Escultura de Graça Costa Cabral (texto e fotografía). Con Pedro Vaz 2000: Contemplação Carinhosa da Angústia (ensaios). En español: Contemplación cariñosa de la angustia, Valladolid, Cuatro.ediciones, 2004 2001: As Meninas (texto e pintura) 2002: O Livro de Agustina (autobiografía) 2002: Azul (divulgación). Con Luísa Ferreira 2002: As Estações da Vida (texto con fotografía de Jorge Correia Santos) 2004: O Soldado Romano ( ilustrado por Chico) 2012: Civilidade (ensaios) 2012: Kafkiana (ensaios) 2013: Caderno de significados 2017: Ensaios e Artigos (1951-2007), Fundação Calouste Gulbenkian, 2793 pp., 3 vols., recompilación final dos seus ensaios
Adaptacións cinematográficas da súa obra
1981: Francisca, dirixida por Manoel de Oliveira, sobre Fanny Owen 1993: Vale Abraão, dirixida por Manoel de Oliveira, sobre Vale Abraão 1995: O Convento, dirixida por Manoel de Oliveira, sobre As Terras do Risco 1996: Party, dirixida por Manoel de Oliveira, sobre Party: Garden-Party dos Açores 1998: Inquietude, dirixida por Manoel de Oliveira, sobre A Mãe de um Rio. (Premio Globo de Ouro (1999) para a mellor realización). 2001: Porto da minha infância, dirixida por Manoel de Oliveira 2002: O Princípio da Incerteza, dirixida por Manoel de Oliveira, sobre O Princípio da Incerteza 2005: Espelho Mágico, dirixida por Manoel de Oliveira, sobre A Alma dos Ricos 2009: A Corte do Norte, dirixida por João Botelho
Recoñecementos
1954: Premio Delfim Guimarães da Guimarães Editores pola obra A Sibila 1966: Premio Eça de Queirós do Secretariado Nacional de Informação pola obra A Sibila 1967: Premio Ricardo Malheiros da Academia das Ciências de Lisboa pola obra Canção Diante de uma Porta Fechada 1977: Premio Nacional de Novelística do Secretariado Nacional de Informação pola obra Homens e Mulheres 1980: Premio Ricardo Malheiros da Academia das Ciências de Lisboa (Prémio Literário), pola obra As Fúrias 1980: Premio P.E.N. do Clube Português de Ficção, pola obra O Mosteiro 1980: Distinguida coa Ordem de Sant'Iago da Espada 1983: Premio D. Dinis da Fundação Casa de Mateus pola obra O Mosteiro 1984: Grande Prémio de Romance e Novela da Associação Portuguesa de Escritores pola obra Os meninos de ouro 1988: Premio de Romance e Novela da Associação Portuguesa de Escritores, pola obra Os Meninos de Ouro 1988: Medalha de Honra da Cidade do Porto 1989: Grao de Officier de l'Ordre des Arts et des Lettres atribuído pelo goberno francés 1993: Premio RDP Antena 1 da Literatura (Ex-aequo), pola obra Prazer e Glória 1994: Premio da Crítica do Centro Português da Associação Internacional de Críticos Literários, pola obra Ordens Menores 1996: Premio Municipal Eça de Queirós da Câmara Municipal de Lisboa 1996: Premio de Prosa de Ficção, pola obra As Terras do Risco 1997: Premio Máxima de Literatura, polas obras Memórias Laurentinas e Party 2001: Premio Internacional União Latina, de Italia, pola obra Um Cão que Sonha 2001: Grande Prémio de Romance e Novela da Associação Portuguesa de Escritores por Jóia de Família 2004: Premio Camões 2005: Doutora Honoris Causa pola Universidade do Porto / Facultade de Letras 2006: Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Bulger, Laura Fernanda (199o). A Sibila: Uma superação inconclusa. Lisboa. Castelo Branco, Maria do Carmo (1990). A fala da Sibila: nótulas para a leitura de “A Sibila” de Agustina Bessa Luís. Porto Costa, Maria Moreira da (1990). A Sibila de Agustina Bessa Luís. Mem Martins. Dumas, Catherine (2002). Estética e personagens no romance de Agustina Bessa Luís. Porto. Leão, Isabel Vaz Ponce de; Olímpio Pinheiro (1999). Agustina 1948-1998. Bodas escritas de oiro. Porto. Lemos, Filomena Maria; Laura Maria Pereira (2000). Ler, reler, criar, produzir… a obra literária “Dentes de Rato”. Lima, Isabel Pires de (2001). Vozes e olhares no feminino. Porto. Lopes, Silvina Rodrigues (1989.). A alegria da comunicação. Lisboa- Lopes, Silvina Rodrigues (1992). Agustina Bessa Luís: As hipóteses do romance. Porto. Machado, Álvaro Manuel (1983). Agustina Bessa Luís: O Imaginário Total. Lisboa. Manuel, Maria Antónia Câmara; João Manuel Morais (1987). Análise de “A Sibila” de Agustina Bessa Luís. Lisboa. Marinho, Maria de Fátima (1999). O romance histórico em Portugal. Porto Padrão, Maria Glória; Maria Helena Padrao (1987). A Sibila de Agustina Bessa Luís: o romance e a crítica. 3a ed. Padrão, Maria Helena (1998). Os Sentidos da Paixão. Edições da Universidade Fernando Pessoa, Porto. Portela Filho, Artur (1986). Agustina por Agustina. Entrevista conduzida por Artur Portela Fº, Lisboa. Saraiva, Antonio José; Lopes, Óscar (1978): História da literatura portuguesa. Porto.
Ligazóns externas Entrevista na Nosa Terra
Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Nados en Amarante Categoría:Membros da Academia Brasileira de Letras Categoría:Novelistas de Portugal Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade do Porto