José Varela y Ulloa, nado en Vilareda (Palas de Rei) o 7 de xullo de 1739 e finado na Habana (Cuba) o 23 de xullo de 1794, foi un mariño e cartógrafo galego. O seu papel máis importante foi a fixación das novas posesións españolas no golfo de Guinea e no Uruguai.

Traxectoria Varela y Ulloa ingresou na Escola de Gardas-mariñas de Cádiz. Obtida a graduación de tenente de navío, embarcou en 1773, so mando do tamén galego, Juan de Lángara. O 1 de xaneiro do 1774 o navío parti para determinar as coordenadas da illa de Trinidad, no mar das Antillas. No seguinte ano, ascendido a capitán de fragata, so mando do francés La-Borda, determinou diversos puntos da costa occidental africana, auxiliando ademais a La-Borda na medición do pico do Teide e cartografando as Illas Canarias.

Conforme ao Tratado de San Ildefonso (1777), España conserva a Colonia do Sacramento, no actual Uruguai, e recibe de Portugal, no golfo de Guinea, as illas de Fernando Poo e Annobón. Varela y Ulloa acudiu a tomar posesión das illas africanas, so mando xeral do Conde de Argelejo, en expedición que partiu desde Buenos Aires. A toma de posesión foi difícil, falecendo o comandante da expedición.

En 1781 Varela y Ulloa foi comisionado como xefe da expedición que delimitaría os lindes entre as posesións españolas e portuguesas na Colonia de Sacramento. O grupo non arribou a Montevideo ata 1785.

Obras Descripción de la Isla de Fernando Poo (1780) Derrotero y descripción de Canarias Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Exploradores Categoría:Nados en Palas de Rei Categoría:Nados en 1739 Categoría:Finados en 1794 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Militares de Galicia Categoría:Cartógrafos de España