Atum: A Rock Opera in Three Acts é o décimo segundo álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo The Smashing Pumpkins. O disco foi publicado en tres entregas distintas de 11 temas. Atum: Act One foi publicada o 15 de novembro de 2022, Atum: Act Two o 31 de xaneiro de 2023, e Atum: Act Three o 5 de maio de 2023. Unha caixa física coas 33 cancións, xunto cun grupo de 10 temas adicionais, foi editada a principios de maio de 2023. Este é o último álbum de estudio da banda co guitarrista Jeff Schroeder, que marchou en outubro de 2023.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de The Smashing Pumpkins Categoría:Álbums musicais de 2022 Categoría:Álbums musicais de 2023 Categoría:Álbums producidos por Billy Corgan