Renata Ávila Pinto, nada en Guatemala o 1 de xaneiro de 1981, é unha avogada e activista guatemalteca, especializada en tecnoloxía e propiedade intelectual que traballa na intersección dos dereitos humanos coa tecnoloxía. É portavoz e parte do equipo que defende a Julian Assange e Wikileaks, baixo a dirección de Baltasar Garzón.
Traxectoria Entre 2018 e 2021 foi a directora executiva da Fundación Cidadanía Intelixente con sede en Chile e o Brasil. Desde outubro de 2021 é a Directora executiva da Open Knowledge Foundation.
Foi defensora de sobreviventes de xenocidio e outros abusos de dereitos humanos en Guatemala. Formou parte do equipo legal liderado pola avogada española Almudena Bernabéu no caso de Rigoberta Menchú Tum contra Efraín Ríos Montt.
É membro do directorio de Creative Commons, organización internacional que avoga polo coñecemento aberto e a cultura libre. Tamén é membro do Directorio de DiEM25, unha iniciativa paneuropea lanzada polo exministro de finanzas grego e economista Yanis Varoufakis, que busca democratizar a Unión Europea.
No libro Women, Whistleblowing, Wikileaks: A Conversation, que escribiu xunto a Sarah Harrison e Angela Richter, fálase das mulleres que tiveron un rol activo en WikiLeaks, pero que non tiveron a mesma cobertura en medios de comunicación.
Notas
Categoría:Nados en 1981 Categoría:Alumnos da Universidade de Turín Categoría:Activistas de Guatemala Categoría:Activistas polos dereitos humanos de Guatemala