Matilde Mayán, nada en Santiago de Compostela, foi unha escritora galega.
Traxectoria Emigrada no Uruguai. En 1929 apareceu en Montevideo o seu poemario Fiebre.Céltiga, 106, 25-5-1929, p. 18. En agosto dese ano publicou en Céltiga o conto "Mais forte qu'a morte", que foi reproducido por El Compostelano en setembro.El Compostelano, 5-9-1929, p. 2. En maio de 1930 publicou tamén en Céltiga o conto "Sin pai".Céltiga, 129, 10-5-1930, p. 23-24. Visitou España a finais de 1930 e deu un recital no Círculo de Bellas Artes de Madrid o 27 de novembro;La Libertad, 27-11-1930, p. 2. en decembro veu a Galicia e deu un recital no Ateneo de Vigo.El Pueblo Gallego, 5-12-1930, p. 3.El Pueblo Gallego, 11-12-1930, p. 2.El Pueblo Gallego, 12-12-1930, p. 2. En setembro de 1931 volveu visitar Galicia e pronunciou a conferencia "Derechos civiles y políticos de la mujer" no Circo da Coruña.El Ideal Gallego, 3-9-1931, p. 3.El Orzán, 6-9-1931, p. 1. O 25 de xullo de 1944 participou no festival artístico musical organizado polo Centro Gallego de Buenos Aires recitando "Adios ríos, adios fontes" de Rosalía de Castro.Galicia, 5-8-1944, p. 1.
Obras Fiebre, 1929. Rosas de sangre (inédito). Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Galegos do Uruguai Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido