Salaam Bombay! (en ) é un filme indio de 1988 rodado en lingua hindi, dirixido, coescrito e coproducido por Mira Nair. O guión foi escrito pola colaboradora adoita de Nair, Sooni Taraporevala. Foi o primeiro filme dirixido por Nair. O filme describe a vida cotiá dos nenos que viven nos barrios pobres de Bombai, a meirande cidade da India. Está protagonizado por Shafiq Syed, Raghuvir Yadav, Anita Kanwar, Nana Patekar, Hansa Vithal e Chanda Sharma.

Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 61ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences

Personaxes

Shafiq Syed como Krishna, alcumado Chaipau Raghuvir Yadav como Chillum (acreditado como Raghubir Yadav) Hansa Vithal como Manju Anita Kanwar como Rekha Nana Patekar como Baba Chanda Sharma como Sola Saal, alcumado Sweet Sixteen Irrfan Khan como escritor Sanjana Kapoor como xornalista

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes da India propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 61ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 1988 Categoría:Filmes en lingua hindi Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes dirixidos por Mira Nair Categoría:Filmes de Film4 Productions Categoría:Filmes rodados en Bombai Categoría:Filmes ambientados en Bombai