Jorge Campos Sánchez, máis coñecido como Jorge Campos, nado en Ourense en 1982, é un ilustrador, autor de banda deseñada e arquitecto galego. Traxectoria

É licenciado en Arquitectura pola Universidade da Coruña e técnico superior en Ilustración pola Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.

Como ilustrador, o seu traballo céntrase no ámbito do cómic, a ilustración infantil e xuvenil e o deseño. Realizou ilustracións para web e traballou no deseño de logotipos, carteis, camisetas e calendarios. Tamén participou en varias exposicións colectivas e revistas. Como arquitecto, traballou para varios estudios, entre eles o de Pernas Varela Arquitectos, formando parte do equipo gañador do Premio Juana de Vega de Arquitectura no ano 2011.

É socio traballador en 7 H Cooperativa Cultural e colabora de forma habitual en actividades culturais, colectivas e fanzines.

Nas redes sociais é @ilustratecto.

Obras

Alter·nativo (2017). Allariz: Aira Editorial. 50 páxs. ISBN 978-84-947807-1-4. Libro de historieta. Reeditado en 2021, ISBN 978-84-122631-5-2. As aventuras de Vani. Montaña (2021). 140 páxs. ISBN 978-84-122491-0-1. Libro de historieta. O destino de Kameko (2021). Allariz: Aira Editorial. 104 páxs. ISBN 978-84-123849-1-8. Guionista Abel Alves. Libro de historieta. Animais míticos do Camiño de Santiago (2025). Con César Cequeliños. Aira Ed. 40 páxs. ISBN 978-84-125593-1-6.

Serie Unha mestra en apuros

Unha mestra en apuros. Sálvese quen poida (2019). A Coruña: Bululú. 64 paxs. ISBN 978-84-949549-5-5. Guión de Pilar Serrano. Libro de historieta. Una maestra en apuros. Sávese quien pueda (2019). A Coruña: Bululú. Les trifulgues de la mestra. Campi qui pugué (2020). A Coruña: Bululú. . Unha mestra en apuros. Isto é outro mundo (2020). A Coruña: Bululú. 64 paxs. ISBN 978-84-121848-3-9. Guión de Pilar Serrano. Libro de historieta. Una maestra en apuros. Esto es otro mundo (2020). A Coruña: Bululú. Les trifulgues de la mestra 2. Això es un altre món (2020). A Coruña: Bululú. Unha mestra en apuros 3. Primeiro curso superado (2022). A Coruña: Bululú. 64 paxs. ISBN 978-84-18667-32-9. Guión de Pilar Serrano. Libro de historieta. Una maestra en apuros 3. Primer curso superado (2022). A Coruña: Bululú. Les trifulgues de la mestra 3. Primer curs assolit (2022). A Coruña: Bululú.

Serie Capitán Lentella

Capitán Lentella. Aventura a todo gas (2022). Vigo: Xerais, Merlín Cómics. 64 páxs. ISBN 978-84-1110-044-1. Capitán Lentella. Unha nova chuvia de estrelas (2024). Vigo: Xerais, Merlín Cómics. 64 páxs. ISBN 978-84-1110-551-4.

Ilustrador

Atlas da Galicia pequeniña, de César Cequeliños (2019). Allariz: Aira Editorial. 64 páxs. ISBN 978-84-947807-9-0. A vida diaria dos romanos, de Pepe Carballude (2021). Vigo: Xerais. 88 páxs. ISBN 978-84-9121-859-3. Un día de festa en... Allariz, de César Cequeliños (2021). Allariz: Aira Editorial. 32 páxs. ISBN 978-84-122631-9-0. Historia da Galicia pequeniña, de César Cequeliños (2022). Allariz: Aira Editorial. 64 páxs. ISBN 978-84-124512-9-0. Historia visual do RC Celta, de César Cequeliños (2022). Allariz: Aira Editorial. 56 páxs. ISBN 978-84-126649-8-0. Animais míticos do Camiño de Santiago, de César Cequeliños (2022). Allariz: Aira Editorial. 40 páxs. ISBN 978-84-125593-1-6. As Letras da Galicia pequeniña, de César Cequeliños (2024). Allariz: Aira Editorial. 64 páxs. ISBN 978-84-128581-5-0

Premios

2015, 2016, 2017: Primeiro premio do Certame de Cómic de Cangas. 2016: Primeiro premio no concurso para ilustrar o mural do Museo da Música de Barbadás. 2018: Premio ao mellor libro de banda deseñada na Gala do Libro Galego, por Alter-Nativo.

Notas

Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1982 Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Banda deseñada Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Arquitectos de Galicia