Portos do Estado é un organismo público español, dependente do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, con responsabilidades globais sobre o conxunto do sistema portuario de titularidade estatal. Está encargado da execución da política portuaria do Goberno do Estado e da coordinación e control de eficiencia do sistema portuario, formado por 28 Autoridades Portuarias que administran os 46 portos de interese xeral, dos cales sete están situados en Galiza e son xestionados por cinco autoridades portuarias.

O artigo 149 da Constitución Española de 1978, referente ás «Competencias Exclusivas do Estado», no seu punto 20 fai referencia directa á titularidade de portos e aeroportos de interese xeral.

Competencias e funcións miniatura|300x300px|Mapa físico da Península Ibérica e Baleares coa rede de Portos do Estado. Segundo a CE e o Real Decreto Lexislativo 2/2011, de 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de Portos e da Mariña Mercante, a titularidade dos portos de interese xeral é competencia do Estado. Estes portos inclúen aqueles que realizan actividades comerciais marítimas internacionais, serven a industrias de importancia estratéxica para a economía nacional ou teñen un volume e características de actividade suficientemente relevantes.

A Portos do Estado correspóndenlle as seguintes competencias, baixo a dependencia e supervisión do Ministerio:

A execución da política portuaria do goberno. A coordinación e control da eficiencia do sistema portuario estatal, nos termos previstos nesa lei.

A coordinación xeral cos diferentes órganos da Administración Xeral do Estado A formación, a promoción da investigación e o desenvolvemento tecnolóxico en materias vinculadas coa economía, xestión, loxística e enxeñaría portuarias. A planificación, coordinación e control do sistema de sinalización marítima a través da Comisión de Faros.

Modelo portuario español O Real Decreto distingue entre os portos de titularidade autonómica (maiormente portos pesqueiros, deportivos e de refuxio), que dependen do goberno da Comunidade Autónoma onde están situados, e os portos de titularidade estatal.

Características dos portos de interese xeral

Efectúanse neles actividades comerciais marítimas internacionais. Serven a industrias de importancia estratéxica para a economía nacional. O volume anual e as características das súas actividades comerciais marítimas alcanzan niveis suficientemente relevantes, ou responden a necesidades esenciais da actividade económica xeral do Estado. As súas especiais condicións técnicas ou xeográficas son esenciais para a seguridade do tráfico marítimo. miniatura|300x300px|Porto de Vigo, coas Cíes ao fondo.

Portos Galegos de Interese Xeral En Galicia, hai seis portos de interese xeral que están baixo a xurisdición de cinco autoridades portuarias:

Autoridade Portuaria da Coruña Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra Autoridade Portuaria de Vigo Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa

Importancia económica e problemas de xestión miniatura|299x299px|Porto da Coruña e xardíns de Méndez Núñez. A actividade portuaria e o transporte marítimo achegan un 20% ao PIB español do sector de transportes. A Lei dota ao sistema portuario de instrumentos para mellorar a súa posición competitiva nun mercado aberto e globalizado, establecendo un réxime de autonomía de xestión das Autoridades Portuarias, que deben exercer a súa actividade con criterios empresariais. Neste marco, os portos de interese xeral responden ao chamado modelo landlord, no que a Autoridade Portuaria prové a infraestrutura e solo portuario e a regula a utilización deste dominio público, mentres que os servizos son prestados maiormente por operadores privados en réxime de autorización ou concesión.

A función dos portos desborda o seu tradicional papel como meros puntos de embarque e desembarque de mercadorías e pasaxeiros para converterse en centros nos que se sitúa toda unha serie de actividades que xeran valor engadido á mercadoría, plenamente integrados nas cadeas loxísticas e intermodais.

Debates sobre descentralización e coordinación Os portos galegos representan unha fonte de ingresos a través de taxas portuarias e servizos, ademais de ser un nicho significativo de emprego e unha plataforma loxística fundamental para Galiza e os seus produtos. Porén, o sistema recibiu críticas por problemas derivados da burocracia e falta de dinamismo na xestión que afectan á súa competitividade. Por exemplo, o porto de Vigo perde un 6% de tráfico cada ano. Ademais, a riqueza xerada polos portos non reverte proporcionalmente en Galiza, como se observa na diferenza de investimento en comparación con outros portos españois (como o da Baía de Alxeciras e outros).

Hai un debate sobre a posibilidade de transferir a xestión dos portos de interese xeral ao goberno galego, co argumento de que unha xestión máis descentralizada podería mellorar a eficiencia. O Tribunal Constitucional, na súa sentenza 85/1983, indica que o interese xeral é aplicable a todas as Administracións, polo que se considera lóxico transferir estes portos a Galiza. A transferencia podería permitir unha mellor planificación e aproveitamento dos portos para o asentamento de novas empresas e a creación de emprego.

Desastre do Prestige

Unha das principais polémicas en relación con Portos do Estado en Galiza xurdiu tras o naufraxio do Prestige en novembro de 2002. Este incidente revelou deficiencias significativas na xestión da crise e na coordinación entre o Goberno central e a Xunta. As críticas centráronse na resposta tardía e ineficaz desde Madrid, afastando o petroleiro da costa sen adoptar medidas suficientes para conter o vertido de fuel. Este desastre destacou a necesidade de mellorar os protocolos de emerxencia e a xestión medioambiental dos portos, esixindo unha maior autonomía e recursos para as autoridades galegas, e un porto refuxio onde transvasar a carga e facer as reparacións precisas. O lugar escollido para foi a punta Lagosteira, e sería pagado ao 40% pola Unión Europea, o 30% polo Ministerio de Fomento e o restante 30% pola Autoridade Portuaria da Coruña. As obras en punta Lagosteira iniciáronse en 2005, liberando terreos na zona portuaria coruñesa para seren recalificados como uso urbanístico.

Vertedura do Toconao

Máis recentemente, o vertido de pellets de plástico polo buque Toconao en 2023 reavivou a controversia sobre a xestión de desastres ambientais. A Xunta acusou ao Goberno central de non proporcionar información suficiente nin activar os protocolos de emerxencia de forma adecuada. Pola súa banda, o Goberno central argumentou que a Xunta non solicitou axuda correctamente, o que puxo de manifesto unha vez máis as carencias na coordinación interadministrativa e nas normativas de transporte marítimo, incluíndo as autoridades europeas e internacionais como a OMI.

Narcotráfico

Os portos galegos teñen sido un punto clave para o tráfico de drogas desde a década de 1980, debido á súa localización e alta actividade comercial. As autoridades teñen confiscado alixos de contrabando camuflados en contedores, destacando as limitacións na vixilancia. A xestión portuaria ten recibido críticas pola súa eficacia na detección de drogas, con acusacións de pouca inspección que facilitan "portos cómodos" para actividades ilícitas, e considerando o transporte por estrada "máis arriscado". Tamén foron feitos chamamentos a unha maior coordinación internacional e entre os Portos dos Estados membros da UE.

Notas

Véxase tamén

Aena Adif Autoridade Portuaria Axencia Europea de Seguridade Marítima Portos de Galicia Provincias marítimas de España

Ligazóns externas

Sitio oficial de Portos do Estado .

Categoría:Portos de España Categoría:Institucións de España Categoría:Transporte en España