Eudy Simelane nada en KwaThema o 11 de marzo de 1977 e finada o 28 de abril de 2008 foi unha futbolista surafricana que xogou na selección de Suráfrica e tamén unha activista polos dereitos LGBT. Foi violada e asasinada na súa cidade natal KwaThema, Gauteng.
Fútbol Simelane xogou como centrocampista no Springs Home Sweepers F.C e na Selección feminina de Suráfrica. Igualmente adestrou varios equipos e estaba a estudar para converterse en árbitra.
Morte O corpo semidesnudo de Simelane foi atopado nun arroio en KwaThema. Fora violada por un grupo, golpeada e apuñalada 25 veces no peito, cara e pernas. Fora a primeira muller en mostrar abertamente o seu lesbianismo en KwaThema. Un informe realizado pola ONG ActionAid e referendado pola comisión surafricana de dereitos humanos, denunciou que o seu asasinato foi un crime de odio levado a cabo contra ela pola súa orientación sexual. Segundo ActionAid este crime non será recoñecido polo Estado Surafricano nin polo seu sistema xurídico.
De acordo coa asociación Triángle que defende os dereitos das persoas homosexuais, a práctica de violacións correctivas está amplamente estendida en Suráfrica onde homes violan mulleres coa intención de curalas e corrixir a súa orientación sexual.
O xuízo contra os catro acusados deu comezo o 11 de febreiro de 2009 en Delmas, Mpumalanga. Un dos catro supostos atacantes declarouse culpable de violación e asasinato e foi sentenciado a 32 anos de cárcere. En setembro de 2009, outro foi culpado de asasinato, violación e roubo, e foi declarado a cadea perpetua máis 35 anos de cárcere. As outras dúas persoas non foron condenadas.
Honras En 2009 erixiuse unha ponte en miniatura en KwaThema, Springs, Gauteng, na súa honra.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Human Rights Watch informe sobre o xuízo por asasinato
Categoría:Nados en 1977 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Activistas LGBT de Suráfrica Categoría:Asasinatos en Suráfrica Categoría:Futbolistas de Suráfrica Categoría:Violencia contra as mulleres Categoría:Nados na provincia de Gauteng