Tjoet Nja' Dhien (pronunciado [ˈtʃʊt ˈɲaʔ diˈɛn]) é un filme indonesio de 1988 dirixido e escrito por Eros Djarot e protagonizado por Piet Burnama, Christine Hakim, Rudy Wowor e Slamet Rahardjo. Baséase na vida da líder guerrilleira achinesa Cut Nyak Dhien,céntrase no período de seis anos entre a morte do seu segundo marido, Teuku Umar e a súa captura polo exército colonial neerlandés. Tjoet Nja' Dhien conseguiu a aclamación da crítica, gañando nove premios do Festival de Cinema Indonesio e sendo proxectado na "Semaine de la Critique" de Cannes en 1989. Foi escollido como candidato de Indonesia para o Óscar ó mellor filme internacional na 62ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences

Personaxes

Christine Hakim como Cut Nyak Dien Slamet Rahardjo como Teuku Umar Pietrajaya Burnama como Pang Laot Rita Zaharah como Nya' Bantu Roy Karyadi como Voorneman Ibrahim Kadir como Penyair Rosihan Anwar como Habib Meulaboh Rudy Wowor como Veltman Muhamad Amin como Teuku Leubeh Hendra Yanuarti como Cut Gambang Kamaruzaman como Agam kecil Huib "John" van den Hoek como Van Heutz Fritz G. Schadt como Vetter Herald Meyer como saudagar Robert Syarif como Verbrough

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Indonesia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 62ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 1988 Categoría:Filmes en lingua achinesa Categoría:Filmes en lingua indonesia Categoría:Filmes en lingua neerlandesa Categoría:Filmes de Indonesia Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes rodados en Indonesia