María Isabel Longueira Mira, máis coñecida por Maribel Longueira, nada na Coruña en 1951 e finada na mesma cidade o 18 de outubro de 2025, foi unha artista e fotógrafa galega.
Traxectoria Licenciouse en Historia da Arte Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse sobre patrimonio e fotografía na UNED e especializouse en xestión de Patrimonio e Bens Culturais na Universidade da Coruña.
Ten traballado en actividades de interese plástico como cinema, teatro, cerámica, pintura e, sobre todo, na fotografía como investigación teórica e na práctica, ademais de fotografía téxtil.
Traballou poesía visual, fundamentalmente con temas ecolóxicos e humanistas: “Ulo o amor”, “Grafías de vento e auga”, “URBS”, “MOON”, “Swit Habana”.
Exposicións Realizou numerosas exposicións persoais e colectivas en España, Cuba, Francia, Gran Bretaña, Brasil, Estados Unidos, Islandia...
Alguén agarda que volva alí (1998). Sobre a Habana. Os hórreos e a cultura do pan (2000). A paisaxe como pretexto O Prestige, o poder da Educación Ambiental e nós (dir.) (2004). Xente no medio. Gente en el medio (2009). O mar da vida O Papagaio: a pegada dos sentidos inCERTEZA
Obras (fotografía)
Unha viaxe á procura do solpor. Do Tambre á fin da terra (2000), de Francisco Fernández Naval. A Nosa Terra. O mundo da pesca na literatura galega (2001) de Francisco Fernández Naval. Muros: ronsel de pedra, espiral de mar (2003), de Francisco Fernández Naval. Deputación da Coruña. Homenaxe a Ánxel Casal (AELG) (2005). O Papagaio, con poemas de Luisa Villalta (2006). Laiovento e Kalandraka (2024). Alguén agarda que volva ali (2008). Entremiradas I, Galicia Bos Aires (2009). Xunta de Galicia. Entremiradas II Galicia Cuba (2009). Xunta de Galicia. As Crebas: outro xeito de andar ao mar (2014), de Francisco Fernández Naval. Baía Edicións. Mar de Lira (2024), de Francisco Fernández Naval. Caldeirón.
Colectivas
O petroglifo do Filladuiro. Enigma na pel da pedra (2008). Toxosoutos Un ruído procado(r). Voces arredor de Luísa Villalta (2024). Laiovento.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Cuestionario Proust: Maribel Longueira
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1951 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Finados en 2025 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes