A estrada de Clara Campoamor é unha gran vía semiurbana viguesa de 8,4 quilómetros de lonxitude que conecta a avenida de Castrelos co campus universitario da Universidade de Vigo. Con dous carrís por sentido, é unha das principais vías de comunicación entre a zona sur de Vigo e diferentes puntos periféricos como a xa mencionada universidade, o hospital Álvaro Cunqueiro ou o polígono industrial de Valadares, entre outras infraestruturas. Tras a avenida de Ricardo Mella, é o segundo vial máis longo da cidade.

Recibe o seu nome da sufraxista e política española Clara Campoamor.

Notas

Véxase tamén Outros artigos CUVI

Categoría:Rúas de Vigo