Francisco Javier García de la Camacha Gutiérrez-Ambrossi, nado en Madrid o 24 de xuño de 1984, máis coñecido como Javier Ambrossi, é un director, guionista, produtor, actor e presentador español.

Traxectoria É fillo de Javier García de la Camacha e Sofía Gutiérrez-Ambrossi, e irmán da actriz Macarena García. Estudou Xornalismo na Universidad Complutense de Madrid e Dramaturxia na Real Escuela Superior de Arte Dramático (RESAD).

A súa experiencia como actor en televición comezou na publicidade. Posteriormente deu o salto a series como El comisario, Génesis: En la mente del asesino, Hermanos y detectives ou Amar en tiempos revueltos. Os seus papeis máis coñecidos son Gustavo na serie Sin tetas no hay paraíso e Cristiano na serie Ciega a citas de Cuatro. Tamén traballou en Cuéntame cómo pasó, Maitena: Estados alterados, La fuga e Arrayán.

No cine actuou en Sexykiller, morirás por ella e coma personaxe principal en El triunfo, un filme de Mireia Ros sobre a Barcelona dos 80, seleccionada polo Festival de Málaga e a Berlinale. E no teatro, en El enemigo de la clase de Nigel Williams, dirixido por Marta Angelat ou en Beaumarchais de Sacha Guitry dirixido por Josep Maria Flotats.

Xunto ao seu marido, o tamén actor e director Javier Calvo, escribiu e dirixiu montaxes teatrais como o exitoso musical La llamada, polo que gañou o Broadway World a Mellor Director Artístico. Tamén crearon a serie Paquita Salas, gañadora de tres Premios Feroz e do Premio Ondas, e dirixiron a adaptación cinematográfica do seu musical, La llamada con grande éxito de crítica e público.

Vida privada Dende o 2010 mantén unha relación sentimental co actor e director Javier Calvo.

Filmografía como director Cine Ano Título Notas 2017 La llamada Director, produtor e guionista

Televisión Ano Título Cadena Notas 2016 - 2019 Paquita Salas Flooxer / Netflix Creador, director e guionista 2018 LooserFlooxer Produtor executivo 2019 Terror y feria 2020 VenenoAtresplayer Premium Creador, director e guionista 2021 - 2023 Cardo Produtor 2021 Una Navidad con Samantha Hudson Produtor 2023 La Mesías Movistar+ Creador, director, guionista e produtor 2023 - 2024 Vestidas de azul Atresplayer Premium Produtor TBA Piraña Creador TBA Mariliendre Produtor TBA Superestar Netflix Produtor

Filmografía coma actor Televisión Ano Serie Canal Personaje Notas 2004 El comisario Telecinco Manu 1 episodio 2006 Génesis: En la mente del asesino Cuatro Tobías 1 episodio 2007 Hermanos y detectives Telecinco Sebastián 1 episodio 2007 - 2008 Amar en tiempos revueltos La 1 Sergio 6 episodios 2008 Sin tetas no hay paraíso Telecinco Gustavo 7 episodios 2008 - 2009 Maitena: Estados alterados La Sexta Charly 8 episodios 2011 - 2012 Las crónicas de Maia Atresplayer Pablo 5 episodios 2012 La fuga Telecinco Gallardo 1 episodio Imperium Antena 3 Esclavo 1 episodio Arrayán Canal Sur Jessie 25 episodios 2014 Ciega a citas Cuatro Cristiano 19 episodios 2015 - 2016 Cuéntame cómo pasó La 1 Richi 11 episodios 2018 Looser Flooxer El mesmo 1 episodio 2019 La otra mirada La 1 Benito Padilla 1 episodio 2020 Física o química: El reencuentro Atresplayer Premium El mesmo 1 episodio 2022 Dos años y un día Atresplayer Premium El mesmo 1 episodio

Como colaborador/presentador Fly Music. Presentador Animax. Reportero Likes. Colaborador Operación Triunfo. Profesor de interpretación 2017-2018. El chat de Operación Triunfo 2017-2018 Trabajo temporal. Concursante Mask Singer: adivina quién canta. Xurado (2020-presente) Drag Race España. Xurado (2021-presente) Drag Race España: All Stars. Jurado (2024) Premios Goya. Presentador (2024)

Teatro Como autor e director Windsor. Como autor e director (2012) Miss Fogones Universal. Como autor e director (2013) La llamada. Como autor e director xunto a Javier Calvo (2013-2023)

Como actor Beaumarchais. Dirixida por Josep Maria Flotats con texto de Sacha Guitry. (2010–2011) ¡A saco!. Dirixida por Juan José Afonso con texto de Joe Orton, Loot. (2010) El enemigo de la clase. Dirixida por Marta Angelat con texto de Nigel Williams. (2007–2009)

Premios

Premios Goya Ano Categoría Filme Resultado 2017Mellor guión adaptado La llamada Mellor dirección novel

Premios Feroz Ano Categoría Filme Resultado 2017 Mellor serie de comedia Paquita Salas 2018 Mellor filme de comedia La llamada 2019Mellor serie de comedia Paquita Salas 2020 2024 Mellor serie dramática La Mesías Mejor guión en una serie

Medallas del Círculo de Escritores Cinematográficos Ano Categoría Filme Resultado 2017Mellor guión adaptado La llamada Mellor director revelación

Premios Fotogramas de Plata Ano Categoría Filme Resultado 2017 |Mellor filme español segundo os lectores La llamada

Premios Forqué

Ano Categoría Filme Resultado 2024 Mellor serie de ficción La Mesías

Premios Ondas

Ano Categoría Filme Resultado 2017Mellor serie de ficción de emisión dixital Paquita Salas

Notas

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1984 Categoría:Actores de España Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Guionistas de España