Joseph Thomas Cunningham (1859–1935) foi un biólogo mariño e zoólogo británico coñecido polos seus experimentos sobre peixes planos e os seus escritos sobe o neolamarckismo.
Traxectoria Cunningham traballou no London Hospital Medical College. Completou os seus estudos de ciencias no Balliol College, Oxford.J. T. Cunningham, M.A. Late Lecturer In Biology, London Hospital Medical College. The British Medical Journal. Vol. 2, No. 3887 (6 de xullo de 1935), p. 42. Cunningham foi un neolamarckista. No seu libro Hormones and Heredity (1921) propuxo que o mecanismo para a herdanza dos caracteres adquiridos eran as hormonas. Denominou a isto "lamarckismo químico".Reid, R. G. B. (2004). Epigenetics and Environment. In Brian Keith Hall, Roy Douglas Pearson, Gerd B. Müller. In Environment, Development, and Evolution: Toward a Synthesis. MIT Press. p. 19.
Segundo o historiador da ciencia Peter J. Bowler, a idea sostida por Cunningham de que as hormonas se transferían dunha xeración á seguinte independentemente do plasma xerminal era considerada daquela polos neolamarckistas como unha hpótese plausible; porén, "os seus partidarios eran incapaces de ir alén do estadio de proporcionar probas indirectas do efecto que postulaban."Bowler, Peter J. (1983). The Eclipse of Darwinism: Anti-Darwinian Evolutionary Theories in the Decades Around 1900. p. 102. Johns Hopkins University Press. .
Experimentos Nunha serie de experimentos (en 1891, 1893 e 1895) sobre a acción da luz sobre a coloración dos peixes planos, Cunningham dirixiu luz ás partes ventrais de peixes planos por medio dun acuario con fondo de cristal situado sobre un espello. Descubriu que a luz causa a produción de pigmentos nas partes inferiores destes peixes, e deulle unha interpretación lamarckista a estes resultados. Outros científicos interpretaron os seus resultados de xeito diferente. Revisión de Modern Biology (1928) de J. T. Cunningham. George Romanes escribiu aprobando a interpretación de Cunningham, pero o xenetista William Bateson non estaba convencido de que a causa do incremento na pigmentación se debese á iluminación. Thomas Hunt Morgan criticou os experimentos e non cría que os resultados fosen unha proba do lamarckismo.
Oposición á selección sexual Cunningham poñía en dúbida o concepto de selección sexual.Bartley, Mary Margaret. (1994). A Century of Debate: The History of Sexual Selection Theory (1871-1971). Cornell University. p. 49 O seu libro Sexual Dimorphism in the Animal Kingdom (1900) intentaba explicar as características sexuais secundarias por medio de principio lamarckistas.Revisión en The Zoologist, 4th series, vol 4, issue 707 (maio de 1900), 243/244. O químico Raphael Meldola sinalou nunha revisión para a revista Nature que "aínda que moitos de nós podemos chegar á conclusión que o Sr. Cunningham non conseguiu establecer o seu caso, xeralmente admitirase que discutiu o problema, no seu conxunto, cun espírito máis ou meno científico."Meldola, Raphael. (1900). Sexual Dimorphism in the Animal Kingdom: A Theory of the Evolution of Secondary Sexual Characters. Nature 63: 197-202.
Traduciu o libro de Theodor Eimer's Die Enstehung der Arten (1888) ao inglés.
Publicacións Charles Darwin: Naturalist (1886) Sexual Dimorphism in the Animal Kingdom: A Theory of the Evolution of Secondary Sexual Characters (1900) The Preservation of Fishing Nets (1902) Hormones and Heredity (1921) Modern Biology: A Review of the Principal Phenomena of Animal Life in Relation to Modern Concepts and Theories (1928)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en 1859 Categoría:Finados en 1935 Categoría:Biólogos mariños do Reino Unido Categoría:Zoólogos do Reino Unido Categoría:Lamarckismo