O ciclo de desenvolvemento é a formalización dunha evolución que sofren todos os produtos do mundo real. Comunmente terá as fases de nacemento, desenvolvemento, madurez e morte.

Ciclo de vida dun produto informático O desenvolvemento dun sistema informático trae consigo tres etapas: a definición, o desenvolvemento e o mantemento. Estes pasos encontraranse sempre, independentemente do tamaño, da complexidades e da área de aplicación.

Definición. Caracteriza o sistema: a información que vai usar, os condicionantes, criterios de validación etc. Desenvolvmento. Deséñanse as estruturas, impleméntanse, documéntanse e faise unha serie de probas. Mantemento. Unha vez construído o sistema pódense atopar fallos que deben corrixirse, ou pensar en novas prestacións que se deberán engadir á aplicación.

Estes ciclos de vida son retroalimentados, de forma que, estando nunha das fases, poderemos retroceder se atopamos erros mediante revisións na documentación.

Véxase tamén Outros artigos Enxeñaría de software

Categoría:Enxeñaría de software