Bi Sheng (chinés tradicional: 畢昇; chinés simplificado: 毕昇; pinyin: Bì Shēng; Wade-Giles: Pi4 Sheng1), nado en 972 e finado en 1051, foi un artesán, enxeñeiro e inventor chinés da dinastía Song, coñecido por crear a primeira imprenta de tipos móbiles. O seu sistema empregaba pezas de arxila cocida, unha por cada carácter chinés. A imprenta é considerada na China un dos Catro Grandes Inventos.
Traxectoria Bi Sheng naceu nunha familia plebea, polo que pouco se sabe da súa vida agás a súa invención. Deseñouna entre 1039 e 1048. A única fonte relativa á imprenta de Bi Sheng é o Meng xi bitan 夢溪筆談 (1088) de Shen Kuo (1031-1095). O libro ofrece unha descrición técnica do mecanismo:
Influencia miniatura|Bi Sheng e a súa invención no Museo da Imprenta da China (Beijing)|250x250px Un oficial do goberno, Wang Zhen (fl. 1290-1333), mellorou o sistema de Bi Sheng usando madeira e incrementando a velocidade de impresión. Máis adiante, cara a 1490, o adiñeirado impresor Hua Sui (1439-1513) deseñou un sistema baseado en bronce.
Porén, durante os séculos posteriores ao pasamento de Bi Sheng a imprenta de tipos móbiles apenas foi mencionada ou descrita. Unha versión de madeira fíxose popular durante a dinastía Qing, mais non substituíu á imprenta de bloques, probablemente polo custo de crear tantas pezas para os caracteres.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Imprenta Johannes Gutenberg
Categoría:Finados en 1051 Categoría:Nados en 990 Categoría:Inventores Categoría:Personalidades da China