O termo Sistema procede do grego σύστημα, "sýstema", significando "combinar", "axustar", "formar un conxunto".
Un Sistema pode referirse a: Sistema como conxunto organizado de elementos que forman un todo e teñen a mesma función. A teoría de sistemas define como sistema todo conxunto de elementos que manteñen unhas relacións entre eles, e así hai sistemas ecolóxicos, fonéticos, mecánicos etc. Ten mal o sistema nervioso. Sistema (corpus teórico), unha teoría xeral na que se agrupan unha serie de ideas que pretenden explicar unha materia determinada e as leis polas que se rexe. O sistema político do noso país é a democracia. Conxunto de procedementos combinados, destinados a unha fin común. Teñen un moderno sistema de defensa. Conxunto de aparatos conxuntamente autónomos en sentido informático . En matemáticas, un sistema de ecuacións é un conxunto de ecuacións con certas incógnitas. En lingüística, un sistema de escrita e un sistema de símbolos usado para representar unha lingua.
ar:نظام