Co nome vulgar de lesma españolaSpanish slug en molluscs.at. denomínase os moluscos gasterópodos da familia Arionidae pertencentes á especie Arion vulgaris (antes Arion lusitanicus).
Taxonomía Descrición Durante aproximadamente 90 anos A. vulgaris foi considerada como Arion lusitanicus (Mabille Mabille en Google Scholar , 1868), pensando que se estendeu dende a zona da Península Ibérica (España, Portugal e Azores) a outros países (Simroth 1891; Quick 1952, 1960; van Regteren Altena, 1971; Chevallier 1972 Chevallier en Google Scholar ). Porén, Castillejo, da Universidade de Santiago de Compostela (1997) Castillejo en Google Scholar demostrou que A. lusitanicus estudado fóra de Iberia era moi diferente do A. lusitanicus (Mabille 1868) descrito orixinalmente en Portugal en base á morfoloxía interna. Estudos filoxenéticos de Quinteiro et al. (2005) e Hatteland et al. (2015) chegaron á mesma conclusión; así, A. vulgaris foi recoñecido como distinto da especie A. lusitanicus, como tamén suxire Falkner et al. (2002). Debido ás semellanzas morfolóxicas e á taxonomía confusa dos estudos máis antigos, o nome A. lusitanicus refírese a miúdo á chamada lesma praga A. vulgaris que se produce habitualmente en Europa. Actualmente, A. vulgaris considérase que é común en moitos países europeos, de sur a norte, e ata agora foi reportado en Francia (en 1855), Gran Bretaña (1952), Alemaña (1970), Eslovenia (1970), Italia (1971), Suíza (1971), Austria (1972), Suecia (1975), Bulgaria (1983), Austria (1984), Noruega (1988), Bélxica (1989), Países Baixos (1989), Finlandia (1990) , Dinamarca (1991), Polonia (1993), Islandia (2003–2004), Groenlandia, Letonia, Lituania, Illas Feroe e Romanía (2006).
Características Arion vulgaris está considerada como unha das 100 especies máis invasoras de Europa. O rango de distribución nativo desta especie é incerto, pero dende hai moitos anos considérase a Península Ibérica como a zona de orixe. Porén, estudos recentes indican que A. vulgaris probablemente se orixinou en Francia.
Zemanova et al. (2016) centráronse no estado de A. vulgaris para verificar se é invasora ou nativa de Europa Central. As súas análises de secuencias de ADNmt (marcadores COI e ND1) e microsatélites, obtidos de poboacións europeas en todo o rango de distribución desta lesma, indicaron que a clasificación de A. vulgaris como non invasiva sería prematura. Zemanova en Google Scholar
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Almón, B., Pérez, J. & Caballer, M. (2018): "Expect the unexpected: a new large species of Marionia (Heterobranchia: Nudibranchia: Tritoniidae) from western Europe". Invertebrate Systematics 32 (4): 892-908. Coleman, Neville (2008): Nudibranchs Encyclopedia: Catalogue of Asia/Indo-Pacific Sea Slugs. Neville Coleman's Underwater Geographic. ISBN 0-9473-2541-7.
Outros artigos Heterobranquios Opistobranquios Lista de gasterópodos de Galicia
Categoría:Gasterópodos