Julio Cachafeiro Carballeira, nado en Meira cara a 1906 e finado no mesmo concello o 28 de novembro de 1966, foi un empresario e político galego.

Traxectoria Na República foi secretario accidental do xulgado de Meira. Foi secretario da Agrupación Municipal de Izquierda Republicana de Meira en 1934. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado alcalde de Meira. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.Expediente de responsabilidade política nº 146/1941 de Ovidio López Rico; Manuel Doval Touzón e outrosBOP Lugo, 26-11-1942, p. 2. No franquismo foi oficial do concello de Viloudriz,El Progreso, 1-1-1938, p. 2. e nos anos cincuenta xefe da Hermandad Sindical de Labradores y Ganaderos de Meira.BOP Lugo, 1-3-1958, p. 4.BOP Lugo, 25-2-1960, p. 2. Finou en Meira o 28 de novembro de 1966 con 60 anos.Necrolóxica en El Progreso, 29-11-1966, p. 7.

Recoñecementos

Unha rúa de Meira leva o seu nome.

Vida persoal

Casou con María del Carmen Lamas Amor e foi pai de Federico e María del Carmen Cachafeiro Lamas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Alcaldes de Meira Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Meira Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1966