Carla's Song é un filme dramático hispano-alemán-británico de 1996 dirixido polo director de cinema británico Ken Loach, narrado por Stephen e protagonizado por Scott Glenn, Robert Carlyle e Gary Lewis e Oyanka Cabezas.
O filme está ambientado en Glasgow, Escocia, e na Nicaragua sandinista.
Recibiu un nomeamento ao premio BAFTA ao mellor filme británico en 1997.
Argumento
1987, Glasgow. O rebelde condutor de autobús escocés George (Robert Carlyle) acaba de coñecer á refuxiada nicaraguana Carla (Oyanka Cabezas). Mentres, a Contra en Nicaragua prepárase para derrocar o Goberno sandinista. O estado do país, a súa familia e o seu amor molestan a Carla. Por iso, George decide acompañar a Carla a Nicaragua, onde terá que enfrontarse á dura realidade da guerra e aos seus sentimentos.
Elenco Robert Carlyle - George Lennox Oyanka Cabezas - Carla Scott Glenn - Bradley Salvador Espinoza - Rafael Louise Goodall - Maureen Richard Loza - Antonio
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina IMDB de Carla's Song
Categoría:Filmes de 1996 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Ken Loach Categoría:Filmes rodados en Glasgow Categoría:Filmes rodados en Escocia Categoría:Filmes rodados en Nicaragua Categoría:Filmes ambientados en 1987 Categoría:Filmes ambientados en Glasgow Categoría:Filmes ambientados en Nicaragua Categoría:Filmes de Film4 Productions