miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Bosnia e Hercegovina, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Bosnia e Hercegovina herdou de Iugoslavia a adhesión á convención do 12 de xullo de 1993, xa que é un dos seus estados sucesores.
Hai cinco sitios en Bosnia e Hercegovina na lista de Patrimonio da Humanidade e outros nove na lista de candidatos. O primeiro sitio, o barrio da Ponte Vella no centro histórico de Mostar, foi inscrita na lista durante a 29ª sesión da UNESCO en 2005. A Ponte de Mehmed Paša Sokolović en Višegrad inscribiuse na lista en 2007. O seguinte lugar foron os cemiterios de tumbas medievais stećci en 2016. Este último é un sitio transnacional, compartido con Croacia, Serbia e Montenegro. Dos 28 sitios de Stećci, 20 están situados en Bosnia e Hercegovina, sendo o máis destacado o de Radimlja. O máis recente sitio incluído na lista é a cova de Vjetrenica. O bosque de Janj, parte dos faiais primarios dos Cárpatos e outras rexións de Europa, e a cova de Vjetrenica son sitios naturais, mentres que os outros tres son culturais.
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: de Bosnia e Hercegovina Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.
Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Descrición01 Barrio da Ponte Vella no centro histórico de Mostar 150px|Stari Most Mostar 2005 946; VI (cultural) Este lugar engloba a Ponte Vella e os seus arredores. A ponte otomá, que cruza o río Neretva, foi encargada por Suleimán o Magnífico e rematada en 1566/67. En 1993, durante a guerra de Bosnia, foi bombardeada e destruída deliberadamente polo Consello Croata de Defensa. Despois da guerra, a ponte foi reconstruída utilizando métodos de construción tradicionais e materiais locais, e reabriuse en 2004.02 Ponte de Mehmed Paša Sokolović 150px|Ponte de Mehmed Paša Sokolović Višegrad 2007 1260; II, IV (cultural) A ponte de Mehmed Paša Sokolović, que cruza o río Drina, foi rematada en 1577 polo arquitecto da corte otomá Mimar Sinan por orde do Gran Visir Mehmed Paša Sokolović. A ponte ten unha lonxitude de 179,5 e 11 arcos. A ponte tamén ten un significado simbólico como lugar de encontro entre o cristianismo e o islam.03 Cemiterios de tumbas medievais stećci 150px|Necrópole de Radimlja 20 sitios 2016 1504; III, VI (cultural) Stećci ( stećak) son as lápidas monolíticas medievais atopadas na actual Bosnia e Hercegovina, así como en partes de Croacia, Serbia e Montenegro. Apareceron por primeira vez no século XII e alcanzaron o seu apoxeo nos séculos XIV e XV. Hai 20 sitios en Bosnia e Hercegovina, na súa maioría no sueste do país. O grupo máis grande está situado en Radimlja, no concello de Stolac.04 Faiais primarios dos Cárpatos e outras rexións de Europa 150px|alt=Forest and river Šipovo 2021 1133quater; IX (natural) Este sitio comprende exemplos non perturbados de bosque temperado que demostran o proceso de expansión posglacial da faia europea dunhas poucas áreas de refuxio illadas nos Alpes, Montes Cárpatos, Alpes Dináricos, Mediterráneo e Pireneos. O sitio foi catalogado orixinalmente en 2007 como os bosques de faias primitivas dos Cárpatos, compartido por Eslovaquia e Ucraína, estendeuse en 2011 para incluír os antigos bosques de faias de Alemaña, e estendeuse aínda máis en 2017 e 2021 para incluír bosques nun total de 18 países. O bosque de Janj en Bosnia e Hercegovina foi catalogado en 2021.05 Cova de Vjetrenica en Ravno 150px|alt=Entrada da cova Ravno 2024 1673; VII, X (natural) Vjetrenica (que quere dicir "a cova do vento") é a cova máis grande de Bosnia e Hercegovina. Nas partes máis cálidas do ano, o aire frío sopra dende a súa entrada. É un importante punto de biodiversidade. Na cova atopáronse fósiles de carnívoros prehistóricos.
Lista de lugares candidatos Ademais dos sitios inscritos na lista do Patrimonio da Humanidade, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisionais que poden considerar para ser nomeados. Só se aceptan candidaturas para a lista do Patrimonio da Humanidade se o sitio figuraba previamente na lista provisional. No ano 2024, Bosnia e Hercegovina tiña nove lugares na súa lista de candidatos.
Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Datos da UNESCO Descrición Saraxevo - símbolo único da multicultura universal - cidade aberta continua (N.I.) 150px|Sarajevo Saraxevo 1997 V (cultural) Saraxevo, a capital de Bosnia e Hercegovina, ten unha longa e rica historia de diversidade relixiosa e cultural. O conxunto natural e arquitectónico de Jajce 150px|Jajce Jajce 2006 II, III, IV, V, VI, VII (mixto) A cidade de Jajce está situada na confluencia dos ríos Pliva e Vrbas. Foi fundada na Idade Media e adquiriu a súa forma definitiva durante o período otomán. O sitio urbano histórico de Počitelj 150px|Počitelj Čapljina 2007 II, III, IV, V, VI (cultural) A cidade de Počitelj presenta un dos poucos conxuntos urbanos de Bosnia e Hercegovina que se conserva na súa integridade dos períodos medieval e otomán. O conxunto natural e arquitectónico de Blagaj 150px|Blagaj Mostar 2007 II, III, IV, V, VI, VII(mixto) A cidade de Blagaj, situada na fonte do río Buna, contén varios exemplos de arquitectura otomá, como o Blagaj Tekke. O conxunto natural e arquitectónico de Blidinje 150px|Blidinjsko jezero Jablanica, Posušje, Tomislavgrad 2007 I, III, IV, V, VI, VII, VIII, IX (mixto) A área do Parque Natural de Blidinje é un exemplo dos procesos xeolóxicos que tiveron lugar durante a oroxénese dos Alpes Dináricos, así como un exemplo do desenvolvemento evolutivo da flora e da fauna posglacial. A zona presenta unha gran variedade de comunidades vexetais endémicas e contén varias lápidas de stećak. O conxunto natural e arquitectónico de Stolac 150px|Stolac Stolac 2007 II, III, IV, V, VI, VII (mixto) O núcleo histórico de Stolac é un exemplo dun complexo conxunto cultural-histórico e ambiental natural. A zona contén restos da prehistoria, da era iliria-romana, da Idade Media e da otomá, austrohúngara e iugoslava. Reserva Natural Estrita - Bosque primitivo "Perućica" 150px|Perućica Foča 2017 VII, IX, X (natural) O bosque primitivo de Perućica é un importante lugar de biodiversidade, fogar de oso pardo, lobo e lince, así como de varias especies de aves, réptiles e anfibios. O seu regato montañoso forma a fervenza de Skakavac, de 75 metros de alto. Cemiterio xudeu de Saraxevo 150px|Cemiterio xudeu de Saraxevo Saraxevo 2018 II, III, IV, VI (cultural) O complexo funerario atópase nun lugar empinado e abrangue unha superficie total de 31160 m2. Hai máis de 3.850 lápidas nun total de sete parcelas, xunto con catro monumentos erguidos ás vítimas do terror fascista da segunda guerra mundial e varios cenotafios. O complexo tamén inclúe un grande osario asquenací construído en 1962 tras a exhumación dos antigos e dos novos cemiterios asquenacís. En 1966, o cemiterio foi pechado para sepulturas. Crese que a Geniza (un cemiterio de libros gastados) está situada na parte sueste do cemiterio. Complexo de fervenzas de travertino en Martin Brod - Parque Nacional de Una 150px|Fervenza no río Una en Martin Brod Bihać 2019 VII, IX (natural) O treito superior do río Una presenta unha serie de fervenzas e formacións de travertino e é un importante punto de biodiversidade.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país Ligazóns externas Páxina de Bosnia e Hercegovina na World Heritage Convention, da UNESCO