Dorothy Isobel Cox, nada en Lewisham (Londres) o 16 de xaneiro de 1906 e finada en Holborn o 13 de maio de 1964, foi unha actriz inglesa de teatro e cinema coñecida como Diana Wynyard.
Traxectoria Wynyard comezou a súa carreira no teatro. Tras actuar en Liverpool e Londres coa Liverpool Repertory Company e a Hamilton Deane Repertory Company, actuou en Broadway, debutando con Rasputin and the Empress en 1932, xunto con Ethel, John e Lionel Barrymore. Apareceu tamén na versión cinematográfica, comezando unha breve carreira en Hollywood.
Fox Film Corporation tomouna prestada para a súa fastuosa versión do espectáculo teatral de Noël Coward Cavalcade (1933). Como unha esposa e nai nobre, envellecía con graza mentres se sucedían feito como a guerra bóer, o afundimento do Titanic, a primeira guerra mundial e a chegada da era do jazz. Con esta interpretación, converteuse na primeira actriz británica candidata ao Óscar á mellor actriz. Tras un feixe de papeis cinematográficos, incluídos o antigo amor de John Barrymore en Reunion in Vienna, volveu ao Reino Unido para concentrarse no seu traballo no teatro con papeis como Charlotte Brontë en Wild Decembers, de Clemence Dane, Sweet Aloes, e como Gilda na estrea británica de Design for Living, de Noël Coward.
Ofrecéronlle volver á pantalla para participar con Ralph Richardson en On the Night of the Fire (1939), filme dirixido por Brian Desmond Hurst. O seu éxito máis lembrado foi a heroína de Gaslight (1940), primeira versión da obra de Patrick Hamilton Gas Light. A esta seguíronoa papeis xunto con Clive Brook en Freedom Radio, John Gielgud en The Prime Minister e Michael Redgrave en Kipps (todos de 1941), dirixidos por Carol Reed, que posteriormente se converteu no seu primeiro marido.
Trala segunda guerra mundial A súa carreira teatral floreceu trala guerra como dama protagonista en obras de William Shakespeare en Stratford, no West End de Londres e en xiras por Australia. Na produción de Much Ado About Nothing sucedeu a súa amiga Peggy Ashcroft. Wynyard caeu da tribuna durante a escena do somnambulismo en Macbeth en 1948. Caeu quince pés, mais foi quen de continuar.
Foi nomeada Comandante da Orde do Imperio Británico (CBE) en 1953.Notice of CBE
Vida persoal Wynyard estivo casada co director de cinema inglés Carol Reed desde o 3 de febreiro de 1943 ata agosto de 1947, e posteriormente cun médico húngaro, Tibor Csato.
Faleceu por mor dunha enfermidade renal en Holborn, Central London en 1964, aos 58 anos, mentres ensaiaba The Master Builder con Michael Redgrave e Maggie Smith como parte da nova National Theatre Company. Celia Johnson substituíuna. A súa última interpretación para a televisión foi na obra The Man in the Panama Hat rodada en marzo de 1964. O seu pasamento ocorreu antes da emisión, pensada para maio de 1964 e posteriormente foi emitida postumamente o 21 de setembro de 1964.
Filmografía Rasputin and the Empress (1932) Cavalcade (1933) Men Must Fight (1933) Reunion in Vienna (1933) Where Sinners Meet (1934) Let's Try Again (título británico: The Marriage Symphony) (1934) One More River (1934) On the Night of the Fire (1939) Gaslight (1940) Freedom Radio (1941) The Prime Minister (1941) Kipps (1941) An Ideal Husband (1947) Tom Brown's Schooldays (1951) The Feminine Touch (1956) Island in the Sun (1957)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas selected performances in Theatre Archive University of Bristol Diana Wynyard in One More River (1934) from YouTube
Categoría:Nados en Lewisham Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1964 Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de teatro de Inglaterra