Victor Jollos, nado en 1877 e finado en 1941, foi un biólogo, protistólogo e xenetista alemán, posteriormente estadounidense, de ascendencia rusa.
Jollos naceu o 1 de agosto de 1877 en Odesa, Ucraína (daquela parte do Imperio Ruso), pero os seu pais migraron a Alemaña cando era novo. Fixo os estudos de bacharelato en Heidelgerg, os de pregrao na Universidade de Berlín e de doutoramento na Universidade de Múnic. Estudou zooloxía, botánica e química. Estudou os protistas, especialmente Paramecium, e fundou, xunto con Richard von Hertwig, o primeiro instituto alemán de investigación protozoolóxica.B. R. Erick Peirson. Victor Jollos (1887-1941). Embryo Project Encyclopaedia. Consultado o 16-09-2014.
Tamén estudou no Instituto Robert Koch (antes chamado Instituto de Doenzas Infecciosas), onde expuxo o seu concepto das Dauermodifikationen ou modificacións permanentes. Ao expoxer liñas puras de paramecios a toxinas ou calor elevada, atopou que aparecían caracteres novos nos paramecios (resistencia a toxinas ou á calor), que, segundo el, se herdaban durante centos de xeracións na descendencia. Moitos biólogos da época afirmaron que as Dauermodifiktionen eran a proba dunha herdanza citoplasmática dos caracteres de tipo lamarckista.Erick Peirson. Victor Jollos (1887-1941). Research Gate. Setembro de 2014
En 1914 foi director do Instituto Robert Koch e despois estudou medicina na Universidade de Berlín, obtendo o título de médico.The experimental research program of Victor Jollos. Annals of the History and Philosophy of Biology 11/2006 ss. 121-126 Despois do final da primeira guerra mundial seguiu as súas investigacións no Instituto de Bioloxía Kaiser Wilhem. En 1925 traballou na Universidade de O Cairo invitado polo goberno exipcio, onde foi profesor de zooloxía. En 1929 volveu a Berlín, onde foi profesor auxiliar de zooloxía.
Jollos contribuíu á teoría da ortoxénese. Segundo el había unha direccionalidade en evolución causada por factores externos, que podía estar dirixida por mutacións, e consideraba que factores ambientais, por exemplo altas temperaturas, podían causar mutacións específicas e predicibles herdables.
En Berlín estudou as mutacións en Drosophila melanogaster, en concreto os efectos de factores ambientais, como as altas temperaturas, sobre o desenvolvemento das moscas, que segundo el causaban mutacións direccionais, como os ollos de cor branca, o que consideraba apoiaba a teoría ortoxenética.
Cando chegou Hitler ao poder Jollos sufriu persecución por ter devanceiros xudeus, a pesar de que el era protestante. En 1933 tivo que deixar o seu posto como investigador en Alemaña e emigrou ao Reino Unido, onde traballou nun laboratorio da Universidade de Edinburgo e a finais de 1934 emigrou a Nova York aproveitando unha bolsa do Instituto de Educación Internacional e despois traballou na Universidade de Wisconsin, Madison ata 1937. Cando se lle acabou a bolsa pasou problemas económicos, non puido seguir investigando e tivo que vivir de diversas axudas.
Morreu o 5 de xullo de 1941 en Madison, Wisconsin, deixando a súa familia na pobreza.Victor Jollos 1887-1941 - Obituary Science. 19 de setembro de 1941. Vol 94, número 2438, pp. 270-272. DOI: 10.1126/science.94.2438.
Obras escollidas (1921) Experimentelle Protistenstudien. Mit 12 Kurven im Text. (1934) Inherited changes produced by heat-treatment in Drosophila melanogaster (1932) Weitere Untersuchungen über die experimentelle Auslösung erblicher Veränderungen beiDrosophila melanogaster (1931) Die experimentelle Auslösung von Mutationen und ihre Bedeutung für das Evolutionsproblem (1914) Variabilität und Vererbung bei Mikroorganismen (1933) Weitere experimentelle Untersuchungen zum Artumbildungsproblem (1933) Die Übereinstimmung der bei Drosophila melanogaster nach Hitzeeinwirkung entstehenden Modifikationen und Mutationen (1935) Sind Dauermodifikationen — "Schwachmutationen" und der "Parallelismus von Modifikationen und Mutationen" eine Stütze für das lamarckistische Prinzip?
Notas
Categoría:Zoólogos Categoría:Xenetistas Categoría:Lamarckismo Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1941