A evolución cultural é unha teoría evolutiva do cambio social. Procede da definición de cultura como "información capaz de afectar o comportamento dos individuos que adquiren doutros membros da súa especie por medio da ensinanza, imitación e outras formas de transmisión social". A evolución cultural é o cambio desta información co paso do tempo.
A evolución cultural, historicamente tamén coñecida como evolución sociocultural, foi desenvolvida orixinalmente no século XIX polos antropólogos derivando das investigacións de Charles Darwin sobre evolución. Hoxe, a evolución cultural converteuse na base do campo en crecemento da investigación científica en ciencias sociais, incluíndo a antropoloxía, economía, psicoloxía e estudos organizacionais. Previamente, críase que o cambio social era o resultado das adaptacións biolóxicas; os antropólogos agora normalmente aceptan que os cambios sociais orixínanse como consecuencia dunha combinación de influencias sociais, ambientais e biolóxicas (vistas nun marco de natureza fronte a crianza).
Houbo varias maneiras de achegarse ao estudo da evolución cultural, como a teoría da herdanza dual, a evolución sociocultural, a memética, o evolucionismo cultural e outras variantes da teoría da selección cultural. Estas distintas perspectivas difiren non só na historia do seu desenvolvemento e disciplina de orixe, senón tamén en como conceptualizan o proceso de evolución cultural e as suposicións, teorías e métodos que aplican ao seu estudo. En anos recentes, houbo unha converxencia deste grupo de teorías relacionadas ata ver a evolución cultural como unha disciplina unificada por dereito propio.
Historia
Aristóteles pensaba que o desenvolvemento da forma cultural (como a poesía) detense cando chega á madurez. En 1873 en Harper's New Monthly Magazine, escribiuse o seguinte: "Polo principio que Darwin describe como selección natural, as palabras curtas adquiriron vantaxe sobre as palabras longas, as formas directas de expresión están adquirindo vantaxe sobre as indirectas, palabras de significado preciso teñen vantaxe sobre as ambiguas, e as expresións locais están en todas partes en desvantaxe".The Information: A History, A Theory, A Flood, by James Gleic, 2012, p. 174
A evolución cultural, no sentido darwinista de variación e herdanza selectiva, podía dicirse que se remonta ao propio Darwin.Richerson, P.J. and Boyd. R. (2010) The Darwinian theory of human cultural evolution and gene-culture coevolution. Chapter 20 in Evolution Since Darwin: The First 150 Years. M.A. Bell, D.J. Futuyma, W.F. Eanes, and J.S. Levinton, (eds.) Sinauer, pp. 561-588. El argumentou que tanto os costumes (1874 p. 239) coma os "hábitos herdados" contribúen á evolución humana, fundamentando ambos na capacidade innata de adquirir a linguaxe.Price, I. (2012b) Organizational Ecologies and Declared Realities, In K. Alexander and I. Price (eds.) Managing Organizational Ecologies: Space, Management and Organization. Nova York, Routledge, 11-22.
As ideas de Darwin, xunto coas de Comte e Quetelet, influenciaron a varios dos que agora se chaman científicos sociais de finais do século XIX e principios do XX. Hodgson e KnudsenHodgson, G.M. and Knudsen, T. (2010). Darwin's Conjecture: The Search for General Principles of Social and Economic Evolution. Chicago, University of Chicago Press. salientan a David George Ritchie e Thorstein Veblen, recoñecéndolle ao primeiro que anticipou a teoría da herdanza dual e o darwinismo universal. Malia a imaxe estereotipada do darwinismo social que se desenvolveu posteriormente no século, nin Ritchie nin Veblen eran da dereita política.
Nos primeiros anos do século XX e particularmente a primeira guerra mundial os conceptos e metáforas biolóxicos eran evitados na maioría das ciencias sociais. Incluso pronunciar a palabra evolución comportaba un "grave risco para a propia reputación intelectual."Jürgen Essletzbichler. Darwin's Conjecture. The Search for General Principles of Social and Economic Evolution. Xullo de 2011. Regional Studies 45(7):1015-1016 45(7):1015-1016. DOI:10.1080/00343404.2011.593885 . As ideas darwinistas estaban tamén en declive despois do redescubrimento da xenética mendeliana, pero foron revitalizadas, especialmente por Fisher, Haldane e Wright, que desenvolveron os primeiros modelos de xenética de poboacións e do que se acabou coñecendo a síntese moderna.
Os conceptos de evolución cultural, ou incluso as metáforas, reviviron máis de vagar. Se houbo unha influencia individual na revitalización destas ideas, foi probablemente a de Donald T. Campbell. En 1960 recorreu a Wright para deseñar un paralelismo entre a evolución xenética e a "variación cega e a retención selectiva" de ideas creativas; traballo que foi desenvolvido xerando unha teoría completa da "evolución sociocultural" en 1965Campbell, D. T. (1965). "Variation and selective retention in socio-cultural evolution". Social Change in Developing Areas, a Reinterpretation of Evolutionary Theory. (unha obra que inclúe referencias a outras obras propias do rexurdimento do interese neste campo que había daquela). Campbell (1965 26) deixou claro que el percibía a evolución cultural non como unha analoxía "da evolución orgánica como tal, senón como un modelo xeral de procesos case teleolóxicos dos cales a evolución orgánica é só un exemplo".
Outros buscaron analoxías máis específicas especialmente o antropólogo F. T. (Ted) Cloak que argumentou en 1975Cloak, F. T. (1975). "Is a Cultural Ethology Possible?". Human Ecology 3(3) 161–182. en favor da existencia de instrucións culturais aprendidas (corpúsculos culturais ou i-culture, cultura de instrucións) tendo como resultado artefactos materiais (m-culture, cultura material) como as rodas.Cloak, F. T. (1968). "Cultural Darwinism: Natural selection of the spoked wheel" O argumento así presentado sobre se a evolución cultural requiría instrucións neurolóxicas continúa hoxe en día.
Teoría unilineal No século XIX considerábase que a evolución cultural seguía un padrón unilineal no cal todas as culturas se desenvolvían progresivamente co paso do tempo. A suposición asumida subxacente era que a propia Evolución Cultural levaba ao crecemento e desenvolvemento da civilización.
Thomas Hobbes no século XVII declarou que a cultura indíxena non tiña "nin artes nin letras nin sociedade" e describiuna enfrontándose á vida como "solitaria, pobre, cruel, brutal e curta." El, igual que outros eruditos do seu tempo, razoaban que todo o positivo e estimado resultou dun lento desenvolvemento afastándose deste pobre estado humilde inicial das cousas.
Na teoría da Evolución Cultural unilineal, todas as sociedades e cultura desenvólvense seguindo o mesmo camiño. O primeiro en presentar unha teoría unilineal xeral foi Herbert Spencer. Spencer suxeriu que os humanos se desenvolven a seres máis complexos a medida que progresa a cultura, onde o pobo vivía orixinalmente en "hordas undiferenciadas" a cultura progresa e desenvólvese ata o punto no que a civilización desenvolve xerarquías. O concepto detrás da teoría unilineal é que a acumulación estable de coñecementos e cultura leva á separación de varias ciencias modernas dos nosos días e a acumulación de normas culturais presentes na sociedade moderna.
No libro de Lewis H. Morgan Ancient Society (1877), Morgan distinguiu sete estadios da cultura humana: salvaxismo inferior, medio, e superior; barbarismo inferior, medio e superior; e civilización. Xustifica esta clasificación en etapas facendo referencia a sociedades cuxas características culturais lembran as da súa clasificación en estadios de progresión cultural. Morgan non deu exemplos de salvaxismo inferior, xa que incluso no momento en que escribiu quedaban poucos exemplos deste tipo cultural. No momento en que expuxo a súa teoría, a obra de Morgan era moi respectada e converteuse no fundamento de moitos dos estudos antropolóxicos que seguiron.
Particularismo cultural A finais do século XIX empezou a condena xeneralizada da teoría unilineal. A evolución cultural unilineal asume implicitamente que a cultura era transmitida por Europa Occidental e os Estados Unidos de América. Isto era considerado por moitos como racista, xa que se baseaba en que unhas culturas estaban máis desenvolvidas que outras.
Franz Boas, un antropólogo nacido en Alemaña, foi o investigador do movemento coñecido como "particularismo cultural" no cal a énfase pasou a un enfoque multilineal da evolución cultural. Iso diferénciase do enfoque unilineal que adoitaba ser o favorecido, porque xa non se comparaban as culturas, senón que estas eran avaliadas cada unha por separado. F. Boas, xunto con varios dos seus alumnos, especialmente A.L. Kroeber, Ruth Benedict e Margaret Mead, cambiaron o enfoque da investigación antropolóxica no sentido de que en vez de xeneralizar as culturas, a atención poñíase agora en recoller probas empíricas de como cada determinada cultura cambiaba e se desenvolvía.
Teoría multilineal O particularismo cultural dominou o pensamento popular durante a primeira metade do século XX antes de que os antropólogos estadounidenses Leslie A. White, Julian H. Steward, Marshall D. Sahlins e Elman R. Service, reavivaron o debate sobre a evolución cultural. Estes teóricos foron os primeiros en introducir a idea da evolución cultural multilineal.
Na teoría multilineal non hai etapas ou estadios fixos (coma os da teoría unilineal) polos que pasa o desenvolvemento cultural. No seu lugar, hai varios estadios de duracións e formas diferentes. Aínda que cada cultura se desenvolve de forma diferente e a evolución cultural ocorre de maneira distinta, a teoría multilineal recoñece que as culturas e sociedades tenden a desenvolverse e avanzar.
Leslie A. White centrouse na idea de que diferentes culturas tiñan diferentes cantidades de "enerxía"; White argumentaba que con maior enerxía as sociedades podían posuír maiores niveis de diferenciación social. Rexeitaba a separación das sociedades modernas das sociedades primitivas. Ao contrario, Steward argumentaba, de modo similar á teoría da evolución de Darwin, que a cultura se adapta ao ambiente que a rodea. A obra Evolution and Culture de M. D. Sahlins e E. R. Service é un intento de condensar as ideas de White e Steward nunha teoría universal da evolución multilineal.
Robert Wright aceptaba que o desenvolvemento das culturas era inevitable. Propuxo que o crecemento da poboación era un compoñente esencial da evolución cultural. A poboación ten unha relación simbiótica co desenvolvemento tecnolóxico, económico e político.
Memética
O libro de Richard Dawkins de 1976 The Selfish Gene propoñía o concepto de "meme", que é análogo ao de xene. Un meme é unha idea replicadora que pode reproducirse por si mesma, saltando dunha mente a outra por un proceso que consiste en que un ser humano aprende doutro por medio da imitación. Xunto con esta imaxe de "virus da mente", o meme podería considerarse como unha "unidade de cultura" (unha idea, crenza, padrón de comportamento etc.), que se espalla entre os individuos dunha poboación. A variación e selección no proceso de copia permite a evolución darwinista entre memeplexes e, polo tanto, é un candidato para ser un mecanismo de evolución cultural. Como os memes son "egoístas" porque están "interesados" soamente no seu propio éxito, poderían perfectamente estar en conflito cos intereses xenéticos dos seus hóspedes biolóxicos. En consecuencia, ver as cousas cos "ollos dun meme" podería servir para explicar a evolución de certas características culturais, como o terrorismo suicida, que teñen éxito en espallar o meme do martirio, pero son fatais para os seus hóspedes e a miúdo para outras persoas.
Epistemoloxía evolutiva