The Way of All Flesh (titulado orixinalmente Ernest Pontifex or the Way of All Flesh) é unha novela semiautobiográfica de Samuel Butler na que se critica a hipocrisía da Inglaterra vitoriana. Escrita entre 1873 e 1884, a obra recolle a historia de catro xeracións da familia Pontifex. Butler non se atreveu a publicala en vida, mais saíu do prelo postumamente en 1903, sendo aceptada como parte da reacción xeral contra o vitorianismo. O primeiro testamenteiro de Butler, R. A. Streatfeild, fixo cambios importantes no manuscrito orixinal, que non foi editado até 1964.
Título O título é unha cita da Biblia Douay-Rheims. Trátase dunha expresión en hebreo bíblico, que significa "seguir co camiño de todos" (é dicir, morrer). Procede do Libro dos reis:
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Samuel Butler
Ligazóns externas Texto completo en inglés (Proxecto Gutenberg)
Categoría:Literatura en lingua inglesa Categoría:Literatura de Inglaterra