As olleiras, coñecidas en terminoloxía médica como "hipercromía idiopática do anel orbitario", refírense a unha alteración da coloración da pel baixo os ollos, causada pola produción excesiva de melanina e a dilatación dos capilares próximos á superficie da pel.

Estas alteracións adoitan seguir a anatomía do músculo orbicular dos ollos que rodea a órbita ocular.

Causas e patoxénese As causas principais inclúen factores como a herdanza xenética, falta de sono, cansazo, alerxia, e tensión premenstrual.

A patoxénese das olleiras é descoñecida, aínda que algúns estudos suxiren que varios factores, incluíndo a melanocitose dérmica e a hiperpigmentación posinflamatoria, poden xogar un papel. A miúdo, as olleiras tamén están asociadas ao insomnio ou a enfermidades como a sarcopenia que resultan na perda de tecido conectivo periorbitario.Allevat, Dr. Miguel A. (2007): «Ojeras» , artigo publicado na revista Actas Terapéuticas de Dermatología. 30: páxs. 202-209; 2007.

Tratamento miniatura|Annie Krauss, con marcadas olleiras. O tratamento das olleiras pode incluír o uso de cremes con vitamina K, aplicación de compresas frías, tratamento con láser de kriptón ou o uso de cosméticos para maquillalas.

Terminoloxía No dicionario galego de termos médicos da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, son descritas como unha mancha algo denegrida na pálpebra inferior, e adicionalmente, o termo pode referirse a un vaso pequeno adaptado á forma do ollo, usado para o baño da conxuntiva.

Etimoloxía A palabra "olleiras" provén de "ollo" (do latín oculum) máis o sufixo "-eira", usado para formar substantivos relacionados coa función ou condición de algo. En portugués e outras linguas románicas ten a mesma orixe.En lingua catalá dise "fer ulleres", aínda que é común o termo "anell orbitari" (anel orbitario) e "ulleres" é tamén o nome catalá para os lentes.

Notas

Véxase tamén

Anemia Cansazo Circulación sanguínea Coláxeno Dermatoloxía Envellecemento Exfoliación Hidratación Inflamación Melanina Microcirculación Orbicular dos ollos Ollo humano Órbita (anatomía) Nutrición Pel Protección solar Sarcopenia Senescencia Sono Vitamina C Vitamina E Vitamina K Estrés Xestión do estrés

Categoría:Signos clínicos Categoría:Síntomas Categoría:Doenzas da pel