A estrada comarcal C-640 foi unha vía de comunicación que ía desde Viveiro até Betanzos, ao longo de 95,420 km. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Foi traspasado á actual estrada LU-540 e LU-170 (ata O Campo da Feira) polo decreto 308/2003, do 26 de xuño (ano 2003).
Percorrido Iníciase no cruzamento da estrada LU-862 en Viveiro e finaliza en Betanzos co cruzamento da estrada nacional N-651. De Viveiro a Cacheiros, é a actual estrada LU-540 e de Cacheiros ata Campo da Feira, é a actual estrada LU-170. Do Campo da Feira ata o limítrofe provincial de Lugo e A Coruña é a actual estrada LU-P-6513 e deste mesmo límite provincial ata Betanzos é a actual estrada DP-0905.
Notas
Categoría:Antigas estradas galegas Categoría:Estradas da provincia de Lugo Categoría:Estradas da provincia da Coruña